CLAUSURA DAS XORNADAS POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA LIBERTARIA NA CORUÑA CUNHA CONFERENCIA DO HISTORIADOR DIONISIO PEREIRA.

Mañá, xoves, 12 de abril, terá lugar a CLAUSURA das Xornadas pola Recuperación da Memoria Histórica Libertaria, que dende o pasado 3 de abril ten organizado a Confederación Xeral do Traballo (CGT) na sé da Fundación Rodríguez Iglesias (Barrié da Maza, 20 – Paseo Marítimo).

Ás 19:30 horas terá lugar o acto que remata as xornadas, unha CONFERENCIA do coñecido historiador Dionisio Pereira, sobre “A represión contra a muller libertaria na galiza”. Se trata dun aspecto non moi tratado no eido da recuperación da memoria histórica pero que resulta de especial relevancia. A muller tivo un moi papel relevante no movemento libertario, non só no campo sindical (cigarreiras, cerilleiras, redeiras…) senón tamén con organizacións específicas como “Mujeres Libres”. O papel das mulleres na resistencia ao fascismo e a brutal represión contra estas mulleres centrará pois esta conferencia.

Dionisio Pereira González, é historiador, especialista no movemento obreiro en Galicia, ao que ten dedicado numerosos artigos e libros. Entre eles, “Os Conquistadores modernos : movemento obreiro na Galicia de anteguerra”, “A CNT na Galicia: 1922-1936”, “Sindicalistas e rebeldes: anacos da historia do movemento obreiro na Galiza”, ou, “O Anarquismo na Galiza (1870-1970)”, xunto a Eliseo Fernández. Ten tratado a cuestión da represión, en “Os mortos esquecidos, radiografía da represión franquista nun pequeno concello rural, o caso de Cerdedo (Pontevedra)”, “O Alzamento fascista na bisbarra das Frieiras: só viñeron a matar e roubar”, entre outras moitas obras. O seu labor investigador lle ten levado a sufrir intentos, mesmo por vía xudicial, de silenciamento que afortunadamente non terán éxito.

Tralo peche das Xornadas na Coruña, a Exposición “La Revolución Libertaria” continúa o seu andar pola Galiza para abrirse de novo ao público en Pontevedra, no salón de actos do edificio de sindicatos (na rúa Pasantería) o vindeiro 16 de abril.



Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”