CLAUSURADAS AS XORNADAS POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA LIBERTARIA

Onte quedaron clausuradas as Xornadas pola Recuperación da Memoria Histórica Libertaria que organizadas pola Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña e que se desenvolveron dende o 3 de abril na sé da Fundación Rodríguez Iglesias (Barrié da Maza, 20)
O acto de clausura consistiu nunha moi interesante conferencia do historiador Dionisio Pereira que lembrou a represión sobre a muller libertaria na Galiza e onde volveron a soar nomes que moitos quixeran que tiveramos esquecido: Sebastiana Vitales, Basilisa Pérez, … moitas mulleres que sufriron a brutalidade do castigo do fascismo por levar un mundo novo nos seus corazóns. Ante un auditorio de mais de medio centenar de persoas, se lembrou a loita das mulleres nos sindicatos, nos ateneos, nas organizacións específicas como Mujeres Libres, … e se recuperou a memoria do sufrimento da represión coa que foron perseguidas.
Contouse ademais coa colaboración dunha intérprete de lingua de signos que realizou a dificil tarefa de signar o desenvolvemento da conferencia e maila charla posterior.



Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”