70 CABODANO DA CAÍDA DO BARRIO DAS ATOCHAS,

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña lembrará o aniversario dos sucesos das Atochas, nos que fora desmantelada unha extensa rede anarquista coruñesa.
Foron unas actuacións policiais que se sucederon dunha tremenda represión no seo da nosa cidade. Foi en 1937, un ano despois do Golpe Fascista, cando tralas pesquisas dun topo, fora case desartellado o anarquismo coruñés. A maioría destas persoas foron mortas, e outras moitas levadas a cadea. Chegouse a deter a xente polo mero feito de vivir no barrio das Atochas.

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña organiza para o vindeiro venres, 4 de maio, ás 20 horas unha CHARLA-COLOQUIO para divulgar estos feitos, no Colexio Curros Enríquez, enriba do Campo de Marte, no barrio de Montealto.
No acto participarán: Carme Blanco, Claudio Rodríguez Fer, Emilio Grandío, Luís Lamela, e Eliseo Fernández, coa moderación de Carlos Velasco.
Ademais, haberá un CONCERTO o venres 11 de Maio no Pub Inox, na Rúa de Orillamar, nº44, a partir das 21 horas. Actuarán os grupos Ruxe-Ruxe e Zenzar.



Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”