EXHUMACIÓN DUNHA FOSA COMÚN NA FONSAGRADA ONDE PODERÍAN ATOPARSE ATA QUINCE LOITADORES ANTIFASCISTAS ASASINADOS

Trátase dunha fosa na que poderían atoparse os restos de ata quince loitadores galegos do Batallón Galicia (comandado polo coruñés José Moreno), asasinados o 29 de outubro de 1937 por un grupo de pistoleiros da Falange e da Guardia Civil que será exhumada o vindeiro día 11 no concello da Fonsagrada (Lugo) pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH).

Nova aparecida en La Voz de Galicia (02/08/07)

O militante anarcosindicalista Moreno lideraba un batallón de milicianos galegos que participou en combates en Oviedo, Vizcaya, Santander e León, e tentou regresar á Coruña logo da caída do Frente do Norte, o 20 de octubre de 1937.

O seu obxectivo era chegaren á Coruña para alcanzar a costa francesa utilizando un barco e a infraestructura que aínda conservaba o sindicato anarcosindicalista “Despertar Marítimo” da CNT. Durante a súa fuxida a pe, o grupo, de dez ou once homes, chegou ao alto do Acebo. Tras seren delatados, foron fusilados e sepultados nunha fosa á que, días despois, se botaron os cadáveres doutros catro ou cinco xóves que tamén fuxían de Asturies.

Nova en La Nueva España (02/08/07)



Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”