ACTOS POLA MEMORIA HISTÓRICA EN VIGO

Na mañá do 15 de setembro de 1936, en Cabral, a 300m. do cemiterio de Puxeiros, foron atopados, esparexidos nas dúas gabias da estrada, asasinados a balazos polos fascistas os corpos de:

MARCIAL ARAÚJO CONDE
EUGENIO ARBONES CASTELLANZUELO
LUÍS BILBATÚA ZUBELDIA
SEGUNDO ECHEGARAY GARCÍA
ADOLFO MORGADE PAZOS
ABRAHAM MUÑOZ ARCONADA
INOCENCIO TABOADA MONTOTO

Soubose inmediatamente que os falanxistas foran a noite anterior a sacalos da cadea de Vigo, onde estaban presos, para levalos a tan arrepiante viaxe.

É intención da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, perpetuar mediante monumentos, pracas, etc, os lugares que na nosa cidade foron testemuñas do terror e da barbarie fascista como lembranza e homenaxe a todas as persoas que a padeceron e como sinais da historia de Vigo para as novas xeracións.

Con tal motivo, a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, convídaos aos seguintes actos:

CONFERENCIA: “Acontecementos en Vigo despois 18 de xullo do 36”, a cargo do historiador Xan Carlos Abad Gallego, no MARCO (rúa do Príncipe), o mércores, 12 de setembro ás 20h.

ACTO HOMENAXE: Sábado 15 de setembro ás 19 h. en Cabral á altura do colexio Marcote. Terá lugar a inauguración dun monumento, obra de Ricardo Arias Alén, en homenaxe ás vítimas.

Organiza: Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36



Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”