EXPOSICIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA EN SIGÜEIRO

Do 16 ao 30 xaneiro 2008, de luns a sábado de 17:00 a 21:00 h., no Multiusos de Sigüeiro, ao lado da Casa do Concello de Oroso, terá lugar unha Exposición de documentos, libros, fotos, carteis, símbolos, imaxes en DVD, paneis informativos… da época da Segunda República, Represión e Resistencia antifranquista na Comarca de Ordes.

Mércores, 16 de xaneiro a partir das 20:00 h.
– Inauguración da Praza Isaac Díaz Pardo en Sigüeiro, ao lado da Casa do Concello.
– Inauguración da Exposición da Memoria Histórica cunha conferencia de Xesús Alonso Montero e a testemuña oral de Isaac Díaz Pardo.

Mércores, 23 de xaneiro a partir das 20:30 h.
– Conferencia de Uxío-Breogán Diéguez Cequiel
– Testemuña Oral de Avelino Pousa Antelo
– Conferencia de Bernardo Máiz Vázquez

Mércores, 30 de xaneiro a partir das 20:30 h.
– Conferencia de Manuel Pazos Gómez
– Conferencia de Xosé Luis Rivas “Mini”
– Clausura da Exposición coa actuación musical de MINI e MERO

Os actos están organizados pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboraciónn de: A.C. Obradoiro da História, Ediciós do Castro, Grupo Isaac Díaz Pardo, Ateneo Republicano de Galicia, A Revoltaina Cultural da Beira de Bergantinhos, e Fundación 10 de Marzo



Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”