O vindeiro sábado 2 de Febreiro,na Antiga Cámara Agraria de Cerdedo, ás 19 h 30, terá lugar a presentación do libro “Canteiros da Terra de Montes no Exército Popular da República. Album de Guerra”, do que son autores Rogelio Arca Rivas e Dionísio Pereira.
A presentación está organizada pola Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes “Verbo Xido” e a Editorial “Difusora de Letras, Artes e Ideas” de Ourense. Ademáis dos autores, tamén participarán Xurxo Pantaleón, do Proxecto Interuniversitario “As Vítimas, Os Nomes, As Voces”, Xavier Paz, de “Difusora de Letras, Artes e Ideas”, Claudio Rodríguez Fer, poeta e profesor da Universidade de Santiago, e mais un representante da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia
Se proxectará unha colección de fotografías dos canteiros da Terra de Montes que participaron na defensa do Madrid republicano no ano 1937.
Este libro é froito das vivencias de Rogelio Arca Rivas, canteiro Cerdedo e membro das Milicias Confederais que foi recollendo nun Diario de Guerra e 40 fotografías.
Mais información en Vieiros
PRESENTACIÓN DO LIBRO "CANTEIROS DA TERRA DE MONTES NO EXERCITO POPULAR DA REPÚBLICA. ALBUM DE GUERRA"
qué é isto?
Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.
Artigos recentes
Newsletter
A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911


Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”


Deixar un comentario