Exposición "Pedagoxías Libertarias"

A Exposición consta de 15 paneis, nos que se ofrece un percorrido polas diferentes teorías libertarias sobre educación e se recuperan algunhas das numerosas experiencias que ao longo da historia se levaron a cabo e seguen a se desenvolver.
Pódese visitar de maneira virtual en Internet:
Nos últimos tempos, vólvense a oír voces que reclaman aulas máis autoritarias, disciplinadas, competitivas, mercantilizadas e incluso máis relixiosas.
Interesadamente quérese facer pensar que a autoridade dos profesores e profesoras é a varita máxica que solucionará tódolos problemas da educación e da sociedade. Pero se esquece que a escola non é outra cousa que o reflexo da sociedade á que pertence.
Vivimos nunha sociedade na que o afán de lucro, a explotación, as desigualdades sociais e a destrución do planeta son vistos como algo natural e inevitable. Educar homes e mulleres autónomos, críticos e solidarios pode resultar moi perigoso para os poderes. Por iso hai que sospeitar que todas estas propostas autoritarias o que en verdade procuran non é mellorar a escola, senon mellorar outras cousas ben diferentes.
A pregunta que todos debemos contestar é : Queremos construir individuos conformistas, consumidores sumisos e traballadores disciplinados ou queremos educar persoas libres, sen medo e solidarias que traten de edificar unha sociedade máis xusta e máis feliz?
Paneis específicos sobre Galicia.
Dous paneis completan a exposición cunha específica referencia ás experiencias en Galicia.


Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”