Exposición sobre as Pedagoxías Libertarias en Pontevedra

O pasado luns, 10 de maio, ás 19:00 horas, no Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo – Campus de Pontevedra (A Xunqueira), tivo lugar a inauguración da Exposición sobre as Pedagoxías Libertarias que está a organizar a Confederación Xeral do Traballo (CGT) de Pontevedra.
Esta Exposición consta de 15 paneis, nos que se ofrece un percorrido polas diferentes teorías libertarias sobre educación e recupéranse algunhas das numerosas experiencias que ao longo da historia se levaron a cabo e seguen a se desenvolver.
Complétase a Exposición con dous paneis especificamente relacionados coas experiencias pedagóxicas libertarias levadas a cabo en Galicia.
A inauguración rematou cunha charla-coloquio sobre actualidade das pedagoxías libertarias nun contexto de control e dirección estatal do sistema educativo.
A Exposición permanecerá aberta ao público de luns a venres, de 9 a 14 horas e de 16 a 20 horas.



Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”