CRÓNICA DA INAUGURACIÓN DO MEMORIAL ÁS VÍTIMAS DO FRANQUISMO

O pasado domingo, día 19, ás 17 horas, tivo lugar, na avenida de Navarra da Coruña, ainauguración do monumento memorial en lembranza das vítimas do franquismo na comarca coruñesa. Máis de 300 persoas se reuniron arredor do conxunto escultórico que recolle os nomes das 600 persoas asasinadas polos franquistas das que hai constancia. O acto comenzou cunha presentación a cargo de Manuel Monge, portavoz da “Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña”, intervindo, a continuación, o alcalde da Coruña e unha representación de familiares das vítimas. Entre o público numerosas persoas exhibían fotografías dos asasinados. Un grupo de persoas, entre elas varios militantes da CGT da Coruña, foi lendo, os nomes dos represaliados, e un grupo musical interpretou “El himno de Riego”, “La internacional” e “A las barricadas”. Rematou o acto coa lectura do poema inscrito no monolito e a interpretación do Himno Galego.


Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”