68º aniversario da execución dos membros do primeiro comité da Federación Ibérica de Juventudes Libertarias (FIJL).

A finais do mes de marzo de 1943 foron executados a maior parte dos membres do primeiro comité rexional da Federació Ibèrica de Joves Llibertaris (FIJL) de Catalunya, encabezado por Joaquim Pallarès i Tomàs, nado no ano 1923 en l’Hospitalet de Llobregat.

Todo comezou o día 8 de marzo de 1943 coa detención dunha ducia de membros do grupo. Dúas semanas despois, concretamente o día 24, tivo lugar un daqueles grotestos xuizos sumarísimos nos que os encausados ya estaban sentenciados a morte antes do inicio das sesións.

O día 29 foron executados a garrote vil, na cadea Modelo de Barcelona, nove membros do grupo: Joaquim Pallarès Tomás, Francisco Alvárez Rodríguez, Fernando Ruiz Fernández, Benet Sauté Martí, Joan Aguilà Mompart, Bernabé Argüelles Depaz, Francisco Atares Agustín, Josep Serra López e Pere Tréssols Meix. Dous días despois foron conducidos ao patíbulo outros tres compañeiros máis: José García Navarro, Vicenç Martínez Fuster e Joan Pelfort Tomàs. Só salvaron a vida cinco membros do grupo: Vicente Iglesias, José Urrea, Manuel García, Rafael Olalde e Hilario Fondevilla.

Mais información en Rojo y Negro digital



Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”