Presentación do libro "Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939)" de Dionísio Pereira

A Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e Edicións Xerais de Galicia, organizan a presentación do libro: “Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939)” do coñecido historiador do movemento obreiro, Dionísio Pereira.

O acto contará coa participación de Antón Santamarina, Xurxo Souto, Xosé Manuel García Crego e o mesmo Dionísio Pereira, e terá lugar o martes, 29 de marzo, ás 20,00 horas, na Casa Museo Casares Quiroga, na rúa Panaderas, 12 da Coruña.


Tomando como principal fío condutor do discurso a evolución do asociacionismo mariñeiro en Galicia na etapa contemporánea, Dionisio Pereira mergúllanos no desenvolvemento da conflitividade social e laboral no “Mar dos Galegos” dende finais do século XIX e comezos do XX, así como na represión que tras o golpe militar do 18 de xullo de 1936 se dirixiu contra todo este tecido individual e colectivo. Esta rede humana que turraba por unha riqueza compartida e un horizonte vital máis libre e igualitario foi, por iso mesmo, masacrada e marxinada. Nesta obra, produto de moitos anos de traballos e investigacións potenciados coa singradura do chamado Barco da Memoria (2006), o autor tentou, como acto de xustiza e tamén como modesta semente de futuro, recuperar, relacionar e interpretar con rigor e veracidade anacos da “memoria dos vencidos” para retornalos aos seus herdeiros e a toda a cidadanía. Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), cun estilo claro e conciso, ofrécelle ao lector todos os datos necesarios para entender a organización societaria dos mariñeiros galegos, dende o período anterior ao xurdimento do movemento obreiro ata a chegada da Guerra Civil e a posterior ditadura franquista.



Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”