Baixo o título “Vivas en nós, Mulleres represaliadas polo franquismo na Coruña a raíz de 1936” a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña ten editado unha obra que reune fotografías e textos en prosa de Carmen Blanco e poemas de Claudio Rodríguez Fer para lembrar os rostros, as vidas e os nomes de moitas das mulleres que sufriron a forte represión que se produxo logo da sublevación fascista de 1936. Nomes e vidas como os das mulleres libertarias Sebastiana Vitales, Consuelo Meitin ou Basilisa Álvarez que xunto a moitas outras deixaron a súa pegada de loita e dignidade ata os nosos tempos.
qué é isto?
Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.
Artigos recentes
- [Cinefórum Aurora] “Pan e rosas”: 10 de abril, ás 19 horas
- O xoves 26, primeira sesión do Club de Lectura con “Nada” de Carmen Laforet
- [Cinefórum Aurora] “O sal da terra”: 13 de marzo, ás 19 horas
- Galería de imaxes – Lembranza das vítimas do Patronato de Protección a la Mujer
- A CGT DA CORUÑA E O ATENEO AURORA LEMBRAN ÁS VÍTIMAS DO PATRONATO DE PROTECCIÓN DE LA MUJER NAS VÉSPERAS DO 8M
Newsletter
A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911


Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”



Deixar un comentario