Fermín Salvochea. Crónica dun revolucionario

O vindeiro venres, será presentado en Madrid o libro de Pedro Vallina titulado “Fermín Salvochea. Crónica de un revolucionario”. A presentación correrá a cargo do editor, José Luis Gutiérrez Molina, e terá lugar na libraría LaMalatesta, na rúa de Jesús y María, 24 de Madrid.

Tamén se inclue nesta edición un folleto de Rudolf Rocker no que traza unha semblanza de Fermín Salvochea.
Fermín Salvochea Álvarez (Cádiz, 1842-1907) é un dos exemplos máis claros das relacións entre o mundo republicano federal e mailo anarquista nas últimas décadas do seculo XIX e a primeira do XX. Participou na revolución de 1868, destacouse na defensa das súas conquistas, encabezou a revolta federal en 1869 e sufriu por isto exilio e cadea. Impulsor do cantón gaditano no verán de 1873, pasou un largo periodo na cadea, da que sairía xa convertido en anarquista.



Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”