Cultura para todos e todas: O movemento libertario e a educación. Entrevista a Cristina Escrivá.

“O punto de partida dos ateneos libertarios era só unha biblioteca, pero os ateneos proliferaron por todo o estado español, configurando unha rede cultural alternativa para obreiros e obreiras en barrios e pobos”.

Cristina Escrivá é a coautora xunto con Rafael Maestre do libro “Cultura para todos. El movimiento libertario y la educación (1936-1939)” que foi presentado nas Xornadas Primeiro de Maio que organizan os compañeiros e compañeiras da CGT do País Valencià. Cristina Escrivá é titora de prácticas externas en Historia Contemporánea da Universitat de València e asesora de Cátedra de Memoria Histórica da Universidad Complutense. Ten colaborado coa CGT en proxectos de investigación e exposicións, ademáis de publicar os libros “El Internado-Escuela Durruti 1937-1939” e “De las negras bombas a las doradas naranjas. Colonias escolares 1936-1937”, xunto con Rafael Maestre.

Enlazamos coa entrevista que lle fixo Enric Llopis de “Rebelión”:
– Na web de CGT do País Valencià.
– Na web de Rebelión.



Deixar un comentario

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”