Exposición e ciclo de conferencias: A ditadura franquista (40 anos de represión e resistencia) en Lugo

O Museo Provincial de Lugo acolle “A ditadura franquista: 40 anos de represión e resistencia” con relatorios, un vídeo-foro, unha mesa redonda e unha exposición, complementadas con diversas actividades:

Mércores, 14 de xaneiro, 20 horas, no Refectorio do MPLugo
Relatorio: “A represión da masonería galega durante o franquismo”, por Carlos Pereira Martínez

Xoves, 22 de xaneiro, 20 horas, na Sala de exposicións do Pazo de San Marcos
Inauguración da exposición: “40 anos de represión e resistencia” coa actuación do grupo de teatro Daboapipa

Mércores, 28 de xaneiro, 20 horas, no Refectorio do MPLugo
Vídeo-foro: Intervén Francisco Martínez López “Quico”, guerrilleiro antifranquista e proxectarase o docu-drama “Guerrilleiros ou bandoleiros”, de Antón Grande.

Xoves, 29 de xaneiro, 20 horas, no Refectorio do MPLugo
Mesa redonda: “A participación da muller na loita antifranquista” coa intervención de militantes das organización clandestinas da oposición contra a ditadura.

Mais info: Exposición e ciclo de conferencias: A ditadura franquista (40 anos de represión e resistencia)



Deixar un comentario

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”