Hai 80 anos … ocupación de terras e revolta labrega en Meirás, Sada (1933)

En 1933, a localidade de Meirás (Sada), foi o escenario dunha mobilización campesina que deixou tres anos de loita só apagada pola sublevación fascista e o forzado silencio dos 40 anos de dictadura.

As Torres de Meirás (o Pazo de Meirás) eran propiedade da familia da escritora Emilia Pardo Bazán (1851-1921). O fillo da escritora, Jaime Quiroga Pardo Bazán, vende a principios do ano 1933 dúas das fincas pertencentes ao Pazo, cunha extensión de 22 ferrados (nesta zona, 1 ferrado equivale a 436 m2), a un emigrante retornado da Arxentina logo de facer alá fortuna, José Gayoso Barral. Son as fincas chamadas “A Lagarta” e “Tarreo do Pescozo” que viñan sendo traballadas, dende había 70 anos, por dúas familias labregas de “caseiros”, a de Eduardo Barral Ares e a de Manuel Carballeira Díaz, que pagaban unha renda dun ferrado de cereal por cada un cultivado, e que non foron sequera informados da venda das terras.

O novo propietario dúplicalles a renda aos “caseiros” e, ante a súa negativa, solicita xudicialmente que sexan expulsados das terras que traballaban, alegando o impago e que desexaba comezar a traballar as fincas persoalmente. Finalmente, os xuices fallan a favor do novo propietario e a Guardia Civil expulsa aos labregos, esnaquizando as súas ferramentas de labor. Contra este abuso, a solidariedade volta a ser a arma da clase traballadora.

Ambos labregos estaban afiliados ao “Sindicato de Profesiones Varias” de Meirás, adherido á CNT e facendo parte da Federación Comarcal de Betanzos da Confederación. Nesa época a actividade anarcosindicalista na zona era moi intensa, principalmente no Sindicato de Oficios Varios de Sada, que viña impulsando a organización dos campesiños da zona na Confederación, creando sindicatos en Meirás, Carnoedo, Mondego, etc.


Os sucesos que nesas datas haberían de se producir en Meirás tiveron eco nos xornais da época, pero escollemos o xornal conservador “El Ideal Gallego”, publicado na cidade da Coruña, que se recoñecía como “diario católico, regionalista e independiente“:

Mais tamén o xornal “El Pueblo Gallego”, editado en Vigo, e que contaba como corresponsal en Sada, con Xohán Antón Suárez Picallo:

Os sucesos tamén foron recollidos pola prensa de fora da Galiza como:

Deixamos para outra entrada o tratamento na prensa confederal da época a estes sucesos, sinaladamente por parte de “Solidaridad Obrera”, voceiro da Confederación Rexional Galaica da CNT.


O día 25 de abril de 1933, no exemplar de “El Pueblo Gallego” atopamos a seguinte nota:

Completa este xornal a información cunha breve nota no exemplar do día 27 de abril de 1933, dous días despois:

Pola súa banda, “El Ideal Gallego” na mesma data, publicaba o seguinte:

O intento do día 23 por parte dos labregos de volver a sementar millo nas fincas, repetiuse o día 30 e, de novo, son expulsados pola Guardia Civil ainda que polo serán celébrase un Mitin da CNT no que participarían coñecidos militantes coruñeses xunto ao sadense Manuel M. Regueiro. Continuará o tira e afrouxa ata o 28 de maio no que, có apoio solidario de campesiños dos sindicatos de San Pedro de Nos (Oleiros) e Sada, volven a tentar traballar as terras. Logo de ser novamente expulsados pola Garda Civil, diríxense en manifestación á vila de Sada, para concentrarse fronte á Casa do Concello ata finalmente remata por ser disolta a concentración polos gardas.

O xornal “El Pueblo Gallego”, recolle no seu exemplar do 5 de maio de 1933, a seguinte nova:

Pola súa banda, “El Ideal Gallego” publicaba o día 30 de maio a seguinte nova:

O xornal coruñés conservador no exemplar do 30 de maio, xa na primeira plana, fai referencia aos sucesos cunha frase reveladora: “conviene que se tome nota por quien corresponda”

Ao día seguinte, o xornal xa tiña claramente decidida a súa “aposta” polo novo propietario das terras, como reflicte a nova seguinte, publicada no exemplar do día 1 de xuño, e na columna de opinión que baixo o epígrafe “Las cosas que pasan”, leva o revelador título de “Más del cerco rojo”:

Unha semana máis tarde, baixo o mesmo epígrafe “Las cosas que pasan”, o título tamén resulta moi revelador: “Siembra de anarquía”:

“El Pueblo Gallego” tamén ía recollendo nas súas páxinas as novas dos reiterados intentos de traballar as terras por parte dos labregos, no seu exemplar do 7 de xuño:

En xuño, o Sindicato publica un manifesto asinado polo Comité de labregos do Sindicato de Profesiones Varias de Meirás, recollido polo historiador Manuel Pérez Lorenzo, referenciado no 06/1933 Arquivo do Reino de Galicia, Fondo da Audiencia Territorial, leg. 3015, nº 19. 10. (ver nota ao pé da entrada).

Co verán xa en plenitude, e con él a época de colleita, o novo propietario decide recoller o cereal sementado polos campesiños pero o día 25 de agosto, prodúcese un incendio que acaba coa colleita e mais con parte do trigo do párroco, que durante todo o conflicto posicionouse sempre do lado do propietario das terras.

O primeiro de setembro, xa non cabe a menor dúbida do posicionamento do xornal coruñés, coa publicación dunha carta do propietario das terras, titulada “Yo acuso”, que foi continuada ao día seguinte, 2 de setembro de 1933, cunha columna de opinión baixo o epígrafe “Comentarios” e o título “¡Indefensión”:

Á carta de José Gayoso tamén se refire outro xornal da época: La voz de la verdad, editado en Lugo e que se autodefinía como diario católico con censura eclesiástica, no seu exemplar do 2 de setembro de 1933:

Durante o mes de setembro continuará a “cobertura” de “El Ideal Gallego” dos sucesos en Meirás. Entre os días 8 e 13 de setembro, tanto na portada como en páxinas interiores, se da conta de varias novas:

Os intentos de sementar, as expulsións, as entradas en prisión, os actos de solidariedade e propaganda se sucedían: un mitin o 16 de setembro, outra ocupación das terras o 5 de novembro, una manifestación en Betanzos pola liberdade dos detidos, os manifestos na prensa confederal e as novas e chamados á forza para evitar “nuevo Casas Viejas (…) en Galicia” coincidindo co cambio de Gobernador Civil da Coruña, … Os sucesos de Casas Viejas tiveron lugar en xaneiro de ese mesmo ano de 1933.

O xornal “El Idea Gallego” publicaba o seguinte os días 16 e 17 de setembro:

No Pleno da Confederación Rexional Galaica da CNT, celebrado o 9 de novembro de 1933 na Coruña, tivo lugar a intervención do delegado polo Sindicato para explicar o conflicto:

Pode que o poder e o capital impediran que os labregos ocuparan e traballaran as terras, pero non lograron que a Idea non fora sementada e agromara. O propio xornal “El Ideal Gallego”, da conta no seu exemplar do 5 de decembro de 1933, da aprobación dos estatutos do Centro de Estudos Sociais “Generación Consciente” en Meirás:

Polos sucesos de Meirás foron procesadas ata 50 persoas. Logo do cambio de Goberno da República e os sucesos derivados da insurrección de decembro de 1933, a cuestión das terras permanece aínda máis sen solución. Ata que, xa en 1935, o conflito cóbrase a súa primeira vítima mortal, o sindicalista Francisco Babío, que finaba na súa casa logo de ser detido e torturado. A morte de Babío anticiparía a violenta represión que estaba por chegar en 1936 coa sublevación fascista e o asasinato de moitos dos protagonistas destes feitos, que de seguro serán obxecto doutra entrada neste espazo.


Mais información:

Meirás rebelde: un conflito agrario na Galicia da Segunda República, de Manuel Pérez Lorenzo. Anuario Brigantino páxinas 218 e seguintes. nº41. 2018. Concello de Betanzos.

“Voces de Xustiza: Artigos e Manifestos dos anarquistas de Sada na II República”, de Manuel Pérez Lorenzo. Caderno de Estudos Locais. Nº 8. Maio de 2011. A.C. Irmáns Suárez Picallo


Referencias dos xornais consultados:

El Ideal gallego (A Coruña) : diario católico, regionalista e independiente, en Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia:

El pueblo gallego (Vigo) : rotativo de la mañana, en Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia

La Voz de la Verdad (Lugo) : diario católico con censura eclesiástica, en Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia:

Outros xornais:
La Almudaina (Palma de Mallorca: diario de la mañana; avisos, noticias, … , na Biblioteca Virtual de Prensa Histórica:

El Cantábrico (Santander) : diario de la mañana, na Biblioteca Virtual de Prensa Histórica:

Correo de Mallorca : periódico católico: na Biblioteca Virtual de Prensa Histórica:


Ilustracións:



Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”