O 25 de xuño de 1917 nacía na Coruña, no barrio obreiro e mariñeiro de Santa Lucía, Joaquina Dorado Pita. Tras vivir en Sada e Vigo durante un tempo, marcha coa súa familia a Asturias, e logo da Revolución de 1934, á cidade de Barcelona.
Militante da CNT, afiliada ao seu Sindicato da Madeira do Poble Sec, así como das Xuventudes Libertarias (JJ.LL.) e da FAI, participou en 1936 na loita contra a sublevación fascista e nos posteriores procesos revolucionarios e colectivizadores, ocupando a Secretaría do Consello Económico da Industria da Madeira Socializada na Barcelona de 1938.
Marcha ao exilio en Francia pero o seu compromiso continúa. Participa na resistencia francesa contra a ocupación nazi e na resistencia contra o franquismo no estado español, sufrindo o paso por campos de concentración e cadeas, onde cae enferma vítima das torturas. Loitou na clandestinidade e na guerrilla xunto a Quico Sabaté, ata regresar de novo a Francia, onde continuou a súa militancia.


Regresou a Barcelona en 2006, onde finou o 14 de marzo de 2017 a piques de cumplir os 100 anos.
Máis información:
- Foise, con 99 anos, a loitadora Joaquina Dorado, por Aurora Marco, en Praza.gal, 16 de marzo de 2017
- Intervención de Joaquina Dorado Pita nas Xornadas “Mulleres con Memoria” na homenaxe ao exilio o día 19 de xullo de 2008, presentada por Aurora Marco [Video]
- In memóriam Joaquina Dorado Pita, por Rafael Maestre da Fundación Salvador Seguí, en Rojo y Negro Digital, 14 de marzo de 2017
- Joaquina Dorado Pita, en Vencidxs [Video]
- Joaquina Dorado, en A Coruña das Mulleres, da A.C. Alexandre Bóveda
- Joaquina Dorado Pita, en Album de Galicia do Consello da Cultura Galega, por Mariam Ferreiro Vidarte
- Joaquina Dorado, a loita nada no barrio de Santa Lucía, por Gema Malvido, en La Opinión de A Coruña, 18 de marzo de 2017
- Joaquina Dorado Pita, por Imanol, en “Ni cautivos ni desarmados-Memoria de aquellos que resistieron al Franquismo después de la guerra”- Diagonal, 16 de outubro de 2016








Deixar un comentario