Co lema “Non temos medo, nos somos”, o 26 de xuño de 1977 ten lugar a primeira manifestación de visibilización LGTB no estado español, convocada polo Front d’Alliberament Gay de Catalunya (FAGC).
En mazo de 1977, o Front d’Alliberament Gay de Catalunya (FAGC) fai público un Manifesto reclamando a derrogación da Lei sobre Peligrosidade e Rehabilitación Social (LPRS) e a Amnistía para todas as persoas nas cadeas pola súa conduta homosexual.
O texto do manifesto dicía: “creemos que la lucha por nuestras libertades está inmersa dentro de una lucha por la liberación sexual del individuo y ésta está dentro de la lucha por la liberación total del individuo humano, e inmersa en la lucha de clases. Nosotros no somos reformistas, somos radicales y revolucionarios. No nos contentamos con que cambien las leyes. Hay una serie de estructuras que oprimen a una serie de gente: la familia, la escuela, que tal como están establecidas por la clase dominante, es necesario cambiarlas“.
Entre a militancia do FAGC podían atoparse afiliados e afiliadas da Confederación Nacional de Trabajadores (CNT) entre moitas outras organizacións políticas e sindicais. A FAGC fai un chamado específico á colaboración á organización Mujeres Libres, que se tiña refundado dous anos antes, en 1975.
Na loita pola derrogación da LPRS, que castigaba con multas e mesmo co ingreso na cadea ou nun centro psiquiátrico, o feito de ser homosexual ou de manter relacións homosexuais, a Coordinadora de Grupos Marginados, na que se integra a FAGC, lanza en abril de 1977 o seu primeiro comunicado, asinado entre outros pola CNT e por Mujeres Libres.
Así, chégase ao 26 de xuño de 1977, coa celebración por primeira vez do Día Mundial do Orgullo cunha manifestación polas Ramblas. No comunicado, facíase referencia á esixencia da inmediata derrogación da LPRS e tamén a celebración da data de inicio das primeiras mobilizacións polos dereitos do colectivo homosexual no mundo.
A manifestación foi brutalmente reprimida pola policía, deixando varios agredidos e detidos. Fotografías da manifestación, realizadas pola fotógrafa Colita, forman hoxe parte dos fondos do Museo de Arte Contemporáneo “Reina Sofía” de Madrid.
Na Galiza habería que agardar a 1981, no que a C.C.G.G. (Coordinadora de Colectivos Gays de Galicia) convocase a primeira manifestación que percorrería as rúas céntricas da cidade de Vigo para rematar nunha festa no parque de Castrelos, celebrada o domingo 29 de xuño de 1981.

.
Máis información:
- A memoria LGTBI en Galicia. Os espazos que vertebraron e vertebran a disidencia sexual (3 de xaneiro de 2023), por Daniel Portela Otero
- Docu-Acción “Cómo se originó el Día del Orgullo Gay en Galicia”, en Obelisco, A Coruña (1 de setembro de 2009), por Carme Nogueira, Uqui Permui y Anxela Caramés, en Contenedor de Feminismos
- O movemento LGBTIQA+ en Pontevedra (23 de xuño de 2023), en “Do gris ao violeta”
- De vagos y maleantes a peligrosos sociales: cuando la homosexualidad dejó de ser un delito en España (1970-1979), por Valentín Galván, en Daimon. Revista Internacional de Filosofía, Suplemento 6 (2017), 67-82 ISSN: 1130-0507 (papel) y 1989-4651 (electrónico): http://dx.doi.org/10.6018/daimon/290891
- Medio siglo de orgullo LGTB en Galicia, en Faro de Vigo








Deixar un comentario