Hai 20 anos … morre Chicho Sánchez Ferlosio

O 1 de xullo de 2003 morría en Madrid o cantautor Chicho Sánchez Ferlosio, autor de cancións como “A la huelga” ou “Gallo negro, gallo rojo”, así como o “Romancero de Durruti”, que acabaron por se converter en auténticos símbolos da resistencia libertaria ao franquismo.

Nado en 1940 no seo dunha familia do Réxime (o seu pai foi falanxista e o creador do “Cara al Sol”), a finais dos anos 50, Chicho Sánchez Ferlosio comeza a militar contra o réxime franquista na Universidade. Primeiramente vencellado ao comunismo, para logo achegarse a posicións libertarias da man do seu amigo, o poeta Agustín García Calvo.

Lonxe da cultura oficial, as súas primeiras cancións son gravadas na clandestinidade en Madrid nos anos 1963 e 1964, e logo publicadas en Suecia baixo o nome Spanska motståndssånger (Canciones de la resistencia española), sen recoller a súa autoría “por razones de seguridad”.

O seu único disco foi titulado “A contratiempo”, grabado en 1977 e publicado en 1978.

Moitas das súas cancións aparecen na película Mientras el cuerpo aguante, dirixida por Fernando Trueba no ano 1982, e tamén na película Durruti, anarquista, dirixida por A. Boadella e Jean L. Comolli, no ano 1999, para a que compón o coñecido Romancero de Durruti.

Tamén no ano 1982 publica un single titulado Coplas retrógradas acompañado pola súa compañeira Rosa Jiménez.

As súas cancións van máis aló do tempo da chamada Transición, e canta contra en “Ay Libertad” contra a torturas que remataron coa morte do militante anarquista Agustín Rueda, asasinado pola policía na cadea de Carabanchel; contra a entrada do reino de España na OTAN no ano 1982 en “OTAN no, no pasarán”, ou na loita dos traballadores da empresa Sintel, en 2001.

Logo do seu pasamento, por iniciativa do seu amigo, o cantautor berciano Amancio Prada, publícase en 2005 un disco homenaxe titulado Hasta otro día, Chicho Sánchez Ferlosio.

A coñecida canción Milonga del moro judío, escrita por Jorge Drexler para o seu disco de 2004, “Eco” utiliza como estribillo unha estrofa de Sánchez Ferlosio en formato de cuarteta que logo é desenvolvida ao longo da canción nunha sucesión de décimas: Yo soy un moro judío / que vive con los cristianos, / no sé qué Dios es el mío / ni cuáles son mis hermanos.

No que atinxe á sua obra narrativa, ademáis dun libro sobre narracións da tradición italiana, logo da súa morte foi publicado en 2008 o libro Canciones, poemas y otros textos, con textos do autor que foron recollidos por Rosa Jiménez, Lisi F. Prada e F. Cumpián.

No ano 2018, durante as importantes mobilizacións feministas, a súa canción “A la huelga” foi versionada para ser utilizada como chamado á participación:


Porque en mi cabeza
manda el corazón
a veces me callo
teniendo razón.

Chicho Sánchez Ferlosio (1940-2003)




Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”