[Día das Mapoulas Libertarias] Roteiro da Memoria Libertaria

O vindeiro luns, 10 de xullo, a partir das 20 horas, organizado polo colectivo “Refuxios da Memoria”, terá lugar un Roteiro sobre a Memoria Libertaria das Atochas e Monte Alto.

Comezará na entrada principal do cemiterio de Santo Amaro, e rematará en torno ás 21 horas, na praza da Corales (actual denominada praza de Juan Manuel Iglesias Mato, nos penachos na unión das rúas de San Xoan e de San Xosé), seguindo o seguinte percorrido: Cemiterio, Rúa de Marconi, Praza de Cantigas da Terra e Praza da Corales.

Nese lugar o acto central do Día das Mapoulas Libertarias, a partir das 21 horas, coa inauguración simbólica da praza da Corales, onde estivo a súa casa-refuxio, como homenaxe á Corales e ao resto de mulleres libertarias das Atochas.

Ás 22 horas, celebrarase unha festa no Patachim (Rúa de Orillamar, nº 16), onde xuntarse para celebrar a memoria das mapoulas cunha foliada e petiscos, con convite a levar instrumentos.



Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”