O 17 de xullo de 1936 nas colonias españolas do norte de África comezaba unha rebelión militar fascista contra o Goberno da II República. Moitas veces, asúmese que na cidade da Coruña e no resto da Galiza apenas se presentou resistencia á sublevación facciosa, pero esto non é certo e basta a lectura dun xornal tan alonxado das posicións progresistas como o xornal coruñés “El Ideal Gallego”.

O exemplar do domingo 19 de xullo de 1936 recolle xa en grandes tipos na primeira plana, como o resto de xornais, a nova da sublevación, baixo o titular “El Gobierno hizo ayer público que ha estallado un movimiento de caracter militar”, relatando as sucesivas notas do Goberno ao respecto. Mais, no que atinxe á información local, de seguido recolle a nova da Asemblea da Federación Local Obreira adherida á CNT, celebrada na praza de touros, usando as seguintes verbas:
“Una Asamblea en la Plaza de Toros”
A las 12:45 de ayer, y convocada por la Federación Local Obrera, se celebró una asamblea en la Plaza de Toros, a la que concurrieron muchos trabajadores.
Presidió el acto Ángel Fernández e hicieron uso de la palabra los confederados Castiñeiras, Prenas, Cheda y Santiso; resumió José Moreno.
Todos abordaron el tema de la situación actual del país, y coincidieron en protestar contra la versión de que la C.N.T. se halla en contacto con el fascismo, y como comprobación de su actitud recomendaron a todos los Sindicatos de la Confederación que estén alerta y preparados, no para operar en favor de ningún partido político, sea éste el que sea, si no para luchar con toda decisión en defensa de las libertades sociales conquistadas.
Como conclusiones, se acordó pedir que se levante la censura y el estado de alarma y que se abran todos los Centros obreros que se hallan clausurados en la actualidad.
Reinó el mayor orden, tanto durante la asamblea como a la salida de la misma”


Non volve a saír un novo exemplar de “El Ideal Gallego” ata o venres 24 de xullo, cinco días despois, un tempo en que a clase obreira coruñesa enfrontou a sublevación militar nas rúas e prazas.

Polo recollido e polo evitado, pola censura militar ou pola liña editorial, na publicación do exemplar dese 24 de xullo de 1936, temos referencia dalgún dos feitos acontecidos na cidade entre os días 20 e 24 de xullo de 1936.
Na madrugada do domingo 19 de xullo ao luns 20 de xullo, resulta incendiada a igrexa de San Pedro de Mezonzo pero o lume só causa danos na sancristía, destruíndo ornamentos e algunhas imaxes.
Ao longo da mañá, antes as novas recibidas, a resistencia organízase en torno do Goberno Civil, ubicado daquela no edificio do Teatro Rosalía de Castro. Non chegan a se entregar armas aos traballadores como se solicitaba urxentemente mais que aos concentrados no Goberno Civil. Ante esta situación varias armerías na rúa de San Andrés son asaltadas. Tamén o Xulgado foi asaltado con obxecto de procurar as armas alí depositadas, fundamentalmente armas cortas.
Coa comunicación telegráfica case interrompida e o tráfico ferroviaria paralizado por completo dende mediodía, a preparación da resistencia é frenética en toda a cidade. Grupos de milicianos percorren a cidade na procura de armas, cacheando a elementos sospeitosos. Nun deses episodios, resulta morto o xuíz Policarpo Fernández Costas, hospedado no Hotel Europa (ubicado en Rúa Nova, onde hoxe están a Oficina Principal de Abanca). Asemade, os milicianos mal armados toman posicións en diferentes puntos da cidade. Ocúpase a central de Telefónica na rúa de San Andrés e a emisora de Radio Coruña, xunto con algunhas forzas de Gardas de Asalto. Os milicianos e forzas de orde pública leais en principio ao goberno republicano preparan postos en lugares elevados como a azotea do Banco Pastor.
A primeira hora da tarde, as tropas acuarteladas xunto a membros da Garda Civil comezan a saír dos cuarteis de Atocha e de Zalaeta. Inmediatamente, tal e como estaba falado, as sereas dos barcos do porto soan, chamando ao pobo traballador á folga xeral e a resistencia. Desaparecen das rúas os tranvías e os taxis.
Os militares sublevados instalan unha peza de artillería no Parrote dende onde bombardean o Goberno Civil. Os gardas de asalto respostan con fogo de fusil e caen feridos varios soldados e un cabo de artillería. Os proxectiles artilleiros provocan numerosos destrozos no Goberno Civil e varios feridos e mortos. Preto dunha ducia de impactos no edificio ata que o gobernador civil rende o edificio, onde foi tomado prisioneiro xunto a Comandante da Garda de Asalto e destacados militantes obreiros e de forzas de esquerda. Foron levados presos ao Cuartel de Infantería.




A resistencia continuou fostilizando ás forzas militares dende os outeiros onde se tiñan parapetado. Tiveron que se lanzar granadas para desaloxar aos milicianos da azotea do Banco Pastor e tamén tivo que ser tomado ao asalto o edificio da Telefónica.


A emisora de Radio Coruña, situada na rúa de Fontán, foi entregada sen loita polos Gardas de Asalto que se pasaron aos sublevados, abrazándose aos gardas civís que ocuparon o edificio. Dende a emisora emítese o bando polo que os militares coruñeses sublevábanse contra o goberno republicano e declaraban o estado de guerra, lido por Enrique Mariñas.
Polo explicado no relatorio de “El Ideal Gallego”, no día 20 de xullo o exército só é quen de controlar a Cidade Vella, a Pescadería e o centro da cidade, ata unha liña imaxinaria que iría dende Linares Rivas ata a praza de Galicia, Santa Margarida e San Roque de Afora, aínda que sufrían o acoso de focos de resistencia en edificios, como na rúa de San Carlos.

O milicianos tiñan ocupado diversos edificios ademáis da central de Telefónica que xa mencionamos: o chalet Torrado, a casa de Linares Rivas, as obras da casa Bendamio, a casa dos PP. Redentoristas, etc. Houbo resistencia nestes e outros lugares coas poucas armas que posuían os obreiros ata o martes 21 de xullo, así como nos diferentes centros obreiros da cidade: primeiro ocupan a Casa del Pueblo da UGT na rúa de Juana de Vega e máis tarde os locais da anarcosindicalista Federación Local Obrera en Federico Tapia, pero tamén outros locais obreiros en Cordelería. O lume acaba destruíndo os locais e tamén a Igrexa de Santa María de Oza, pois a resistencia foi forte en Monelos e na zona da Estación (A Cubela).


El Ideal Gallego di textualmente:
“Los retratos de Lenín, Krópotkin y otros líderes del comunismo internacional fueron pisoteados y destruidos y, con ellos, las banderas rojas y la “libertaria” comunista, abundante, por cierto, que había en aquellos centros“.

En Santa Margarita, onde se estaba a construír o actual parque, daquela co nome de Joaquin Costa, parapetándose nos muíños de vento que a esa altura aínda estaban en pé, os obreiros manteñen a resistencia que só é abandonada logo dun bombardeo de artillería.

Aínda o día 21 quedaban focos de resistencia no mesmo centro da cidade e cidade vella. O xornal relata un tiroteo nos xardíns de San Carlos no que perden a vida catro persoas que estaban “hostilizando a las fuerzas”. Tamén nos depósitos de gasolina de Campsa hai tiroteos. Amador Suárez e Eduardo García son detidos, acusados de tentar voar con bombas os depósitos, e son fusilados ao dia seguinte (22 de xullo).

Ata o mércores 22 de xullo non conseguen chegar ao contorno máis exterior da cidade, pola estrada de Santa Margarita e rodeando os focos de resistencia.
Para evitar corte do subministro de auga á cidade, os militares tratan de chegar a Carral pero son detidos en Sigrás, onde os obreiros atravesaron un autobús da Empresa Castromil. Ata o día 23 de xullo, xoves, non conseguen chegar a Carral.
Tamén o mércores 22 sae outra columna en dirección a Betanzos, atravesando Oleiros, Sada e Abegondo. En Guísamo son atacados por milicianos. No tiroteo morre un axente e varios son feridos, polo que deben volver á cidade. Ao día seguinte, armados de morteiros e ametralladoras, entraron na vila pese ao corte das pontes para liberar a un grupo de Gardas Civís que estaban cercados.

Tamén participou nesta acción un hidroavión con base en Marín que xunto a dous buques de guerra chegaran ao porto coruñés. Un deles, un destructor inglés que desembarcou pese ao hostigamento dos milicianos, desembarcou tropas para ocupar e protexer o consulado inglés. O xornal relata que o hidroavión foi tiroteado dende os barcos de pesca que foran desamarrados do porto e fondeados na baía. O hidroavión respondeu ao ataque con fogo de ametralladora.

A medida que avanzaban as tropas, tamén aumentaban as detencións. O xornal fala de máis de 200 persoas, “entre las que figuran el gobernador civil don Francisco Pérez Carballo, el alcalde don Alfredo Suárez Ferrín, el secretario don Joaquín Martín Martínez, el concejal señor Blanco Lemus, el comandante de Asalto don Manuel Quesada, el capitán de la misma Arma don Gonzalo Tejero y el teniente don Isidro Pousada, el jefe de los socialistas don Ramón Maseda, el empleado Francisco Mazariegos Martíne, el tranviario Eladio Muínos Díaz, el telegrafista don Emilio de la Iglesia, el carpintero Fernando López Mantiñán, el panadero Fortunato Martínez Mantiñán, el ferroviario Jacinto Méndez Esporrín, el escribiente don Nicolás Torres Ferro, el barrendero Juan Luna Amado y el zapatero Antonio Ponte Rivas. Todos ellos pasaron a la Cárcel o al Castillo de San Antón”.

No día 25 de xullo de 1936 a preocupación do xornal é resaltar a absoluta normalidade que reinaba na cidade, seguindo o recollido con gran despliegue tipográfico nos titulares, coas notas das súas páxinas.


Sen embargo, por entre o medio do triunfalismo e o aparente regreso á vida normal da Coruña, cólanse dúas informacións que contradín o anterior:
Un incidente ocurrido en Iñás (Oleiros) no que se afirma que participan 400 milicianos, sen dar conta de ningunha detención:


E unha listaxe de mortos e feridos durante os días que mediaron entre o 19 e o 25 de xullo de 1936:
LISTA GENERAL DE VÍCTIMAS
En los tiroteos entablados resultaron muertas las personas siguientes:
Don Bernardo de Manuel, sacerdote adscrito a San Nicolas; vivía
en San Nicolás 19, secundo.
Eugenio Ronco Sánchez, soldado de Infantería número 20, perteneciente
a la cuarta Compañía.
Don Policarpo Fernández Costas, magistrado, asesinado por losmarxistas.
Faustino Canosa García, de Vilaboa.
Manuel Montero, de Riego de Agua 28, segundo.
José López y López, de Santa Catalina 26, segundo.
María Bello Paz, de la calle de Ramón y Cajal, 1 y 3.
Antonia Blas Fernández, Alameda 56.
Africa Marídales Tojo, de la calle de San Juan 22.
Fernando Castro Díaz, del Asilo Municipal.
Manuel López Freiré, de la calle de Asturias 20.
María Ripoll Seoane (desconócese domicilio).
Jesús Telle Blanco, de Matadero, 26, segundo.
Manuel Muiños Castro, del Campo de la Leña, 27, segundo.
Ramón Castillo Blanco.
Julio López.
Y el guardia de Asalto Manuel Francisco Yáñez
Han sido enterrados siete cadáveres que no fueron identificados.
MILITARES HERIDOS
Resultarbn heridos los militares siguientes, del Arma de Artilleria:
Teniente don Fernando Ozores Marquina, contuso.
Sargento, don Francisco Morales, grave.
Cabos: don Higinio Rodríguez González, don Valentín Corrales y don Santiago Gómez Rodríguez, menos graves.
Artilleros segundos: don José Díaz Mosquera y don Sebastián Rodríguez Pérez, grave y menos grave, respectivamente.
HERIDOS ASISTIDOS EN SANTA LUCIA
En la Casa de Socorro de Santa Lucía han sido asistidos durante estos días, como consecuencia de los sucesos, las personas siguientes:
Dolores Cabanelas, Juan Flórez 161, herida por arma de fuego con orificio de entrada y salida en el tercio medio de la pierna derecha, pronóstico reservado.
Luis Fernández Canosa, La Grela, herida incisa en la región frontal, leve salvo complicaciones.
Luis Fernández Sánchez, Huertas 9, herida por arma de fuego en el tercio medio de la pierna izquierda, pasó al Hospital, grave.
Rodrigo Alvares del Valle. Santa Margarita 39 segundo, herida por arma de fuego en la región axilar derecha y herida incisa por bala en el tercio inferior del brazo del mismo lado, gravísimo. Falleció más tarde en la Casa de Socorro. Era un muchacho de unos 14 años.
Manuel Vila P., de Monelos, herida por bala en la comisura colial izquierda, pronóstico reservado.
Genoveva Velo, Pozo 9, herida por arma de fuego con orificio de entrada en la cara anterior de la pierna izquierda, pronóstico reservado.
Juan Pérez Nos, de Santiago, herida inciso contusa con fractura del peroné de la pierna derecha, pronóstico reservado.
Francisco Mayo Cruz, de Santiago, herida incisa de 6 centímetros en la pierna derecha, leve salvo complicaciones,
Jesús Martínez Núñez, del Burgo, herida por bala en el muslo derecho, pronóstico reservado
Luis Rodríguez, de Feáns, herida incisa en el muslo ízquierdo, leve, salvo complicaciones.
Francisco Vázquez, de Cambre, herida por bala en la pierna izquierda, pronóstico reservado
José Pérez López, de Perillo, herida por arma de fuego con orificio de entrada y salida en la región glútea Izquierda, leve salvo complicaciones.
Juan Martínez Vieiro, de Vivero, herida por arma de fuego en el lado derecho del cuello y otra herida en la cabeza, lado derecho, gravísimo; pasó al Hospital
Manuel González Vidal, de Betanzos, fractura de la pierna derecha, grave, pasó al Hospital
Francisco Trujillo Fernández, de Avilés, herida por bala en la pierna derecha, pronóstico reservado; pasó al Hospital.
Antonio Ferreiro, de los Castros, herida por arma de fuego con orificio de entrada y salida en el brazo izquierdo y otra en sedal (sic) al nivel de la novena costilla, lado izquierdo, en su porción dorsal, pronóstico reservado, pasó al Hospital.
Severino Vilas Romeo, de Mira de San Luis, herida incisa de 8 centímetros en la nalga derecha, otra en la pierna derecha y otra en el muslo derecho, pronóstico reservado;
Juan Lojo Sanchez. Cabana 3, herida de bala por metralla en el oído derecho, grave, pasó al Hospital.
Juan Oubel, Falperra letra P, herida penetrante de metralla en la ingle derecha, gravísimo, pasó al Hospital.
Abelardo García, de Lousame, herida por arma de fuego, con fractura conminuta en la pierna izquierda, grave; pasó al Hospital.
Porfirio Díaz, Falperra 78, luxación y probable fractura de la muñeca izquierda y contusión en el tórax Izquierdo, fractura completa de la quinta costilla del lado derecho, pronóstico reservado; pasó al Hotel de Francia.
Andrés Bustamente Redondo, de Santa Margarita, herida en el pie derecho, leve.
José Santos Fernández, Santa Margarita, erosiones en la cara, leve.
María Bello Paz, de Ramón y Cajal, 1 y 3 tercero, herida de arma de fuego sin orificio de salida en el lado izquierdo del vientre, gravísima, pasó al Hospital, donde falleció.
Manuel R. Cagiado, de Gredilla letra C, grandes destrozos en el pie izquierdo por bala, pronóstico reservado; pasó al Hospital
Una mujer de Fernández Latorre 48 segundo, herida incisa de 12 centímetros en el brazo derecho, otra herida en la región izquierda del tórax, obra herida penetrante en la región glútea derecha y que mis conjuntival, grave.
Otra mujer de Travesía de Primavera 3 segundo, herida con colgajo en la región tempoparietal izquierda y otras lesiones en el resto del cuerpo, pronóstico resérvado.
Fueron curadas, además, otras 10 personas entre ellas un tal Secundino Vilas, de Vilanova, que, por haberse presentado en los momentos de más afluencia de heridos, no se les pudo tomar la filiación ni anotar las lesiones,
Hay que hacer constar que el personal facultativo tuvo que trasladar la sala de operaciones de esta casa de socorro al sótano de la misma, por el peligro que corrían tanto ellos como los heridos por los numerosos proyectiles que llegaban a dicho Centro benéfico.
Asistieron a estos heridos los médicos don Urbano Losada, don Javier Sánchez, don Julio Torrado, y don Luis Fariña; los practicantes don Santiago Cavanillas, don Nicolás Contreras, don Luciano Dopico y don Cipriano Quintanillo y los enfermeros don Juan Amor, don Antonio Rodríguez y doña Elvira Parga.
Referencias:
“El Ideal Gallego” en Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia
- 19 de xullo de 1936
- 24 de xullo de 1936
- 25 de xullo de 1936
Fotografía da Central de Telefónica na rúa de San Andrés, do artigo “Las primeras centrales de Telefónica en Galicia” de Francisco Javier García Algarra, en Boletín Académico. Revista de investigación y arquitectura contemporánea da ETSA da UDC. ISSN 2173-6723 Nº2 (2012)
Fotografía do edificio da sede do Banco Pastor datada en 1936, atopada na web Zona Obelisco, por cortesía de El Ideal Gallego, na que aparecen tamén o Hotel Londres e mailo Café Bar Galicia.
Plano da zona da Cubela – A Gaiteira – Año 1936 – Estación del Norte – Publicado en «Casares Quiroga y La Coruña de su época» – nº1510 ARG – Fragmento. En “As Xubias-Os Castros-A Gaiteira. Historia de una barriada en imágenes y fotos antiguas”








Deixar un comentario