Organizado polo colectivo “Refuxios da Memoria”, o vindeiro luns 24 de xullo, ás 19 horas, na praia das Xubias (Xubias de Abaixo), terá lugar un faladoiro coas veciñas do barrio e co historiador Dionisio Pereira, no que se abordarán os intentos de fuxida organizados naquel lugar polo Despertar Marítimo, sindicato do mariñeiro da CNT, dende o golpe de estado de 1936.
Para conmemorar o 85 aniversario do intento de fuxida da traiñeira ‘Tres hermanos’, na que participou A Corales, celebrarase unha sardiñada en colaboración coa A.C. Eumedre.









Deixar un comentario