Ofrenda floral ás vítimas da represión franquista en Sada

O 11 de agosto de 2023, ás 21 horas, a Asociación Cultural “Irmáns Suárez Picallo” de Sada celebrará unha ofrenda floral no monumento en lembranza das vítimas sadenses da represión franquista, situado no Paseo Marítimo desta localidade.

O acto celébrase nesta data en lembranza do asasinato na noite do 11 ao 12 de agosto de 1936 de Xohán Antón Suárez Picallo, xornalista e militante do Partido Galegista; Antonio Carballeira Muñiz, labrego e traballador da Construción, afiliado ao Sindicato de Profesións Varias de Meirás, da CNT; e Manuel Prego Chas, traballador afiliado ao Sindicato de Oficios Varios de Sada, da CNT.

Logo de ser detidos e, tras seren sometidos a brutais torturas, foron asasinados e os seus cadáveres apareceron o día 12 de agosto de 2936 nun monte situado en Abeleiras, na parroquia de Veigue (Sada).



Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”