Iniciados os traballos de exhumación das “Vítimas de Bertoa”, en Carballo (A Coruña)

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica ten iniciado hoxe os traballos para a exhumación dos cadáveres enterrados nunha fosa común localizada no interior do cemiterio de Bertoa – Carballo, na Coruña.

Cos traballos iniciados, agárdase atopar os restos de: Francisco Miguel Fernández, Juan Boedo Pardo, Pedro Pinilla Calvete e Andrés Pinilla Fraga.

Todos eles foron asasinados o 29 de setembro de 1936, como contabamos en abril de 2023 neste mesmo espazo web: A Igrexa pon atrancos á exhumación das “Vítimas de Bértoa”

A ARMH está na procura de familiares de Pedro Pinilla para asistir á exhumación e obter mostras para realizar probas de ADN de cara a identificación dos restos.



Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”