Hai 87 anos … é asasinado José Villaverde

Nado en Compostela, o 12 de xullo de 1894, dende moi novo traballa de carpinteiro e desenvolve unha intensa labor sindical, primeiramente na súa cidade natal, pero xa con 18 anos pasa a residir en Vigo, onde participa activamente nas loitas obreiras da provincia de Pontevedra.

Foi parte activa da constitución da Confederación Regional Galaica da CNT en 1923, sendo director do seu órgano de expresión, o semanario Solidaridad Obrera, ademáis de dirixir a publicación confederal El Despertar Marítimo”, da Federación Regional Marítima, e Despertad de Vigo, mentres colaboraba tamén con outras publicacións.

Alonxado das posicións da FAI, coincidiu no grupo libertaria Solidaridad con figuras como Angel Pestaña ou Juan Peiró.

En 1931, xa vivindo na Coruña, elixido Secretario Xeral da Confederación Rexional Galaica da CNT. Casa con Palmira Otero, con quen ten dúas fillas: Olga e Mariquiña. Con elas que vivirá no barrio coruñés de Monte Alto ata o seu asasinato.

Logo da sublevación fascista de xullo de 1936, José Villaverde é detido e levado á cadea da Coruña. Na noite do 24 ao 25 de setembro de 1936, foi “paseado”, sacado da cadea e levado a Oseiro (Arteixo) onde foi asesinado a tiros.

“Todo goberno tende a conservar. A historia de todos os políticos e de todos os gobernos, aínda os que se chaman socialistas, determina de xeito irrefutable que todo goberno empeza por chamarse democrático e remata por ser dictatorial. Non nos someteremos. As ideas non se someten. Nós respondemos a postulados ideolóxidos que non teñen marco en fórmulas gubernamentais. Non negamos a evolución, pero sabemos que só a revolución social poderá acabar có Estado e coas súas consecuencias directas: a desigualdade social e a miseria que padece o pobo. Falamos de revolución social”.

Entrevista a José Villaverde no xornal madrileño La Tierra (30 de outubro de 1931)





Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”