A finais do ano 1902 e principios do ano 1903, a clase obreira coruñesa estaba novamente mobilizada logo dos violentos sucesos trala folga xeral de 1901 e a represión contra a organización obreira que seguiu a aqueles. Ata o mes de agosto de 1902 a Sociedade de Oficios Varios non recupera a Juan Cebrían, sinalado militante obreiro, liberado grazas a un indulto, ata setembro de 1902 non se reanuda a publicación do voceiro La Emancipación, e aínda o 31 de outubro de 1902 son postos en liberdade algúns outros compañeiros detidos nos sucesos de maio e xuño do ano anterior.
A clase traballadora da cidade, agrupada nas sociedades que facían parte da Federación Local Obreira, encamiñábase cara un Paro Xeral que finalmente tivo lugar no mes de febreiro de 1903.
O ano de 1902 estaba a ser un ano de mobilización obreira en todo o estado español: Folgas de metalúrxicos en Barcelona, en Madrid, en Málaga, … Folgas Xerais en Murcia, Sevilla, Cartagena. É tamén na Galiza: con folgas sectoriais ou en empresas como a desenvolvida na fábrica do Sr. Pazó en Pontevedra.
Na Coruña, os carpinteiros declaráranse en folga o 25 de maio de 1902 reclamando a xornada de 8 horas e, dende o mes de agosto de 1902, os obreiros metalúrxicos (metalistas) da Sociedad de obreros de hierros y metales, con Andrés Sánchez como secretario e Antonio Martínez como tesorero, estaban en folga reclamando a xornada de 8 horas (8 horas e media según algunhas novas) e melloras salariais.


Tamén sucedéronse numerosas folgas parciais en empresas e sectores da produción ao longo de finais de 1902 e principios de 1903:
- Folga de marmolistas, en agosto de 1902
- Folga de toneleros, para eliminar o trabajo “a destajo”, en agosto de 1902
- Folga de zapateros, en setembro de 1902
- Folga de panadeiros, en setembro de 1902
- Folga de matarifes, en setembro de 1902
- Folga de traineras, en setembro de 1902, polo descanso dominical
- Folga de tipógrafos, en outubro de 1902
- Folga de sastres, en outubro de 1902, cun duro enfrontamento cos patronos que chegaron ao despedimento da totalidade dos traballadores e traballadoras.
- Folga de mozos de café, en outubro de 1902
- Folga de canteiros (na construción do novo matadoiro), en outubro de 1902
- Folga de “hojalateros”, en outubro de 1902, pola xornada de 8,5 horas entre o 1º de outubro e o 1º de abril.
- Folga de misteiras por despidos na fábrica de Zarragüeta, outubro e novembro de 1902
- Folga de panadeiros, por conflicto có patrón Sr. Fariña, novembro de 1902
- Folga de dependentes de barbeirías e perruquerías, novembro de 1902, tamén polo descanso dominical.
- …
A realidade social da clase traballadora coruñesa é terrible, con alzas de prezos en produtos de primeira necesidade, problemas de acceso á vivenda, como temos visto en entradas anteriores, e con graves problemas de saúde pública: no outono de 1902, unha epidemia de febres tifoideas súmase ao habitual incremento estacional de casos de tíse (tuberculose) para cebarse coa poboación coruñesa, especialmente coas clases populares, e non sempre existe unha axeitada atención ás persoas máis necesitadas como acreditan as protestas obreiras polo abandono dos servizos benéficos municipais e contra a reposición do Dr. Muiños que fora apartado por intoxicación e desatención de doentes pobres e mala praxe, e que levaron á celebración dun mitin o 23 de novembro de 1902. Mentres, as clases acomodadas da cidade alongaban a temporada de veraneo en chalets e quintas nos concellos dos arredores, para evitar o contaxio, tal e como testemuñan novas “De Sociedad” na prensa da época.


Xa en outubro de 1902 a conflictividade obreira é unha preocupación na prensa burguesa como demostra un editorial en El Noroeste de 18 de outubro de 1902, titulado “Asociaciones” e outro editorial posterior en Gaceta de Galicia, xornal de Compostela, datado o 6 de novembro de 1903, no que fai repaso de grandes folgas sucedidas nos dous últimos anos, non só no estado español, entre as que menciona a folga de metalúrxicos coruñeses.
Estamos nun intre en que o movemento obreiro de caracter libertario está a sofrer nomerosos ataques e persecucións. Por exemplo, o falsario proceso xudicial pola “Mano Negra” contra traballadores en Jerez. En xaneiro de 1903, a Sociedade de Oficios Varios da Coruña, entre outras da cidade, adhire á celebración dun mitín esixindo a liberdade dos presos e nomeando as compañeiros Acracio Vigo, Dionisio Naveira (presidente da sociedade) e Enrique Taboada (tesoreiro) para participaren en dito acto (El Noroeste, 9 de xaneiro de 1903). O mitin acaba celebrándose o 18 de xaneiro de 1903 como temos visto en: Mitin na Coruña, en xaneiro de 1903, en solidariedade cos obreiros presos polo proceso de “La Mano Negra”
Nese mes de outubro de 1902 xa se producira unha tentativa de Paro Xeral a celebrar o 9 de outubro, en solidariedade cos traballadores e traballadoras de Sevilla que tiñan visto clausurar as súas sociedades obreiras. Sen embargo, non todas as sociedades obreiras adhiren ao paro:



Pero a chispa que prendeu definitivamente o Paro Xeral prodúxose coas mobilizacións das traballadoras e traballadores da pesca fronte á decisión da empresa arrendataria do cobro do imposto municipal de consumos de mudar o sistema de cobro respecto do peixe, base da alimentación e a subsistencia de moitos traballadores e traballadoras, instalándose básculas nos peiraos. Como veremos, no enfrontamento aos abusos da empresa arrendataria do aforamento terá grande importancia o papel das “pescadeiras”, entre as que a prensa da época salienta o protagonismo de dúas destas mulleres: Chelo Cruz e Manuela Vázquez, coñecida como “La Morenita“.

Xa antes desta decisión ao respecto do aforo do peixe, viñan sendo habituais as queixas contra os abusos dos consumeiros, moitos deles esquiroles traídos de fora da cidade, logo da folga de 1901 (El Noroeste, 29/08/1902).
Co conflicto aberto nos peiraos do Muro e coa folga dos metalúrxicos que continúan en folga tras varios meses, a solidariedade obreira volve a ser unha poderosa arma da clase traballadora.
Basten tres ou catro exemplos:
Solidariedade económica dos asociados á Sociedade de Banasteros e á Sociedad de Toneleros da Coruña á folga dos metalúrxicos (El Noroeste, 24 de agosto e 19 de decembro de 1902, respectivamente).


Boicot dos banasteiros a unha perruquería durante a folga de mozos de barbeiría e perruquerías (El Noroeste, 23 de novembro de 1902)

Solidariedade de obreiros do metal de Rande (Pontevedra) cos metalúrxicos coruñeses (La Correspondencia de España, 26 de setembro de 1902; ou El Ancora, diario de Pontevedra, 29 de setembro de 1902):

Boicot a empresas que trataban de crebar a folga de panadeiros (El Noroeste, 5 de novembro de 1902):

Finalmente, engadíndose tamén a solidariedade cos traballadores e traballadoras en folga en Reus, o Paro Xeral queda convocado para o día 12 de febreiro de 1903, como recolle o día anterior o xornal coruñés El Noroeste:

Tamén no outro xornal coruñés La Voz de Galicia, no seu exemplar do día 11 de febreiro de 1903, se recolle os preparativos para a xornada de paro do día seguinte:
EL PARO GENERAL
EN LA CORUÑA
Solidaridad con los obreros de Reus.- Un “meeting” el jueves.- Precauciones
Hace pocos días, desde que el conflicto en las huelgas de Reus ha ido en aumento con la protección de los elementos anarquistas de Barcelona, se nota gran movimiento entre la población obrera de La Coruña.
Todos los días se reúne alguna agrupación de trabajadores.
Se habla y se discute sobre las cuestiones obreras que se desarrollan en los distintos puntos de España, para acordar lo que debe hacerse en La Coruña.
Quienes en esta ocasión se hallan dispuestos a iniciar un movimiento de adhesión y simpatía a los huelguistas de Reus son los obreros de hierros y metales que no trabajan desde hace más de siete meses porque los dueños de las fábricas de fundición se niegan a acceder a lo que aquellos piden.
Pretenden hacer un paro general de oficios en La Coruña.
Con tal objeto se celebrará un meeting mañana jueves a las dos de la tarde en la Plaza de Toros.
Como es consiguiente, dicho día estarán en huelga todos los oficios, y en aquel acto se acordará si el paro general ha de continuar.
A la celebración del meeting se han adherido todas las agrupaciones obreras, que serán convocadas al mismo por medio de una hoja que se repartirá hoy, y de carteles rojos en varias esquinas.
Ya están designadas las comisiones encargadas de hacer que el paro sea general.
el gobernador civil ha adoptado las precauciones naturales en estos casos.
El paro general de Barcelona ya sabían hace cuatro días los obreros de la Coruña que había de intentarse el lunes.
Les comunicó esto la sociedad La Regional, de la capital de Cataluña.
Anoche se reunieron la mayoría de las sociedades obreras, habiendo designado los delegados que han de representarlas en el meeting.
La agrupación de tipógrafos se ha adherido al paro.


Continuación en:









Deixar un comentario