A CGT da Coruña chama a participar na IV Marcha Cívica Pola Devolución da Casa Cornide

 

A CGT da Coruña apoia a manifestación convocada pola Comisión Aberta en Defensa do Común, para o vindeiro sábado, 11 de novembro, ás doce do mediodía, desde a praza de María Pita ata a Casa Cornide, na Cidade Vella, en apoio á reclamación da devolución, por parte da familia Franco, deste inmoble, expoliado polo dictador a través de trampas legalizadas.


A Casa Cornide é unha construción de inspiración francesa do século XVIII, deseñada por Francisco Llobet para a familia Cornide. Ocupa unha superficie de máis de 1400 metros cadrados en plena Cidade Vella da Coruña, cunha fachada de case 21 metros, situada fronte á portada románica da Colexiata de Santa María do Campo.

Fotografía de Zarateman – Trabajo propio, CC0, en https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=46943255

Logo varios usos ao longo de tantos séculos, trala guerra civil atopábase en desuso e foi adquirida polo Ministerio de Educación Nacional franquista para darlle uso como Conservatorio. Nos anos 50 do pasado século, sendo alcalde da Coruña o sinalado franquista Alfonso Molina (1947-1958) inícianse os trámites para o espolio, que logo culminará Sergio Peñamaría de Llano, do que xa temos falado en relación aos “Mártires de Valdeorras“, mediante unha permuta por un terreo en San Roque de Fóra, polo que en marzo de 1962 o edificio pasa a ser propiedade municipal, para ser rápidamente subastado e adquirido deste xeito por Pedro Barrié de la Maza, outro sinalado franquista, por 305.000 pesetas. De seguido, a Casa Cornide é vendida a Carmen Polo, esposa do ditador, por 25.000 pesetas.

Logo da morte da viúva do ditador en 1988, a Casa Cornide fai parte do inmenso patrimonio da familia Franco que puxeron en venta a construción no medio das reclamacións da súa recuperación.


A CGT da Coruña convoca á súa afiliación, simpatizantes e cidadanía en xeral a que saian á rúa ese día a participar na IV Marcha Cívica Pola Devolución da Casa Cornide, e que non sigan consintindo este latrocinio.


Video da III Marcha Civica pola Devolución da Casa Cornide



Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”