Folga da pesca, na Coruña, en 1906: solidariedade obreira contra os despedimentos (I)

O 26 de xullo de 1906, os traballadores dos vapores da pesca do “bou” comezaron unha folga na Coruña polo despedimento de Tomás Docampo, traballador dun dos barcos con base nese porto, o buque chamado General Gordon.

O patrón informou aos armadores do buque (Folla, del Río, Lamigueiro e Pita) que acordaron despedir ao traballador, alegando desobediencia ás ordes do patrón. Os compañeiros do traballador despedido anunciaron que, se non se revocaba a decisión, comenzarían unha folga e así aconteceu.

Os armadores do General Gordon trataron de procurar novos tripulantes coa colaboración do resto de armadores, en base a un acordo patronal existente nese senso, pero isto non fixo máis que estender o conflito. Malia todo, reuniron unha nova tripulación incompleta coa contratación de crebafolgas e fixéronse ao mar, pero a folga extendeuse a outros buques, como o Esperanza ou o Sirius, tamén con base no porto da Coruña, que non puideron sair a pescar. O pouco peixe que chegou á cidade foi descargado coa presenza da Garda civil no peirao de Garás. Ante esta situación, os armadores deciden amarrar os buques, preto de vinte barcos. Ningún vapor saiu do porto agás o propio Gordon, o Tristón e o Rodín.

Polo serán, tanto armadores como traballadores celebraron sendas xuntanzas. Os armadores acordaron sustituir aos folguistas por crebafolgas para completar as súas tripulacións e continuar a súa actividade, mesme se tiñan que levar o peixe a portos de outras poboacións.

Ademáis do patrón (capitán) e o maquinista, a tripulación habitual deste tipo de buques de pesca era a seguinte: “(…) contramaestre, cocinero, dos fogoneros, un palero y seis marineros por cada vapor. (El Noroeste, 28 de xullo de 1906)

Os traballadores, xunha xuntanza que durou dende as sete da tarde ata as once da noite, declararon a folga xeral en todos os vapores de pesca. Non se sairía a pescar, as mulleres que facían as tarefas de carga e descarga de carbón nos vapores, non subministrarían o combustible aos buques en folga, e telegrafarían as sociedades obreiras de outros portos, tanto da Galiza, entre eles Vigo, Marín e Vilagarcía, como de fora: Bilbao, Xixón, Avilés e Santander, para que se impedise a descarga do peixe que puideran levar os vapores que se atopaban en folga. Asimesmo, os traballadores metalúrxicos apoiarían a folga dos compañeiros tripulantes negándose a facer reparacións nin outras tarefas nos barcos en folga. O mesmo fixeron tamén os traballadores das fábricas de xeo.

Á xuntanza non só asistiron os traballadores asociados nas Sociedades obreiras da cidade. Moitos tripulantes dos barcos eran traballadores non asociados, procedentes doutas localidades fundamentalmente de Mugardos e poboacións das Rías Baixas, e foron chamados á xuntanza e á mobilización tanto polos seus compañeiros tripulantes sí asociados como cunha folla co seguinte contido que foi feita circular polos buques:

(El Noroeste, 28 de xullo de 1901)


Asemade, en previsión da represión que se puidera producir sobre os militantes obreiros, os traballadores nomeaban unha nova xunta directiva da Sociedade por se foran detidos os membros da actual.

Así o recolleu ao día seguinte a prensa, tanto local (El Noroeste, 27 de xullo de 1906) como xornais madrileños (El Correo, 27 de xullo de 1906 ou Diario de la Marina, 27 de xullo de 1906):


Deste xeito, o día 27 de xullo de 1906 comezaba unha folga nos peiraos coruñeses que se viña a unir a outras folgas desenvolvidas nese mesmo mes na cidade:

“A las huelgas de doradores, de canteros, de albañiles y peones, de probadores de tubos para la traída de aguas, todas ellas planteadas en el término de un mes, hay que añadir ahora la de los tripulantes del bou” . (El Noroeste, 27 de xullo de 1906)

A organización obreira era obxecto de preocupación para o capital e o poder, e isto era reflectido pola prensa burguesa coruñesa, como podemos ver na columna editorial que baixo o título “Las huelgas locales, un gran problema” foi publicada na portada do xornal El Noroeste, no seu exemplar de 27 de xullo de 1906, da que entresacamos algúns parágrafos ben expresivos:

“En la Coruña, la alarma de los que consagran su dinero y aún su inteligencia a negocios industriales, está rayando en los linderos del pánico”

“El régimen societario con su organización gremial, con su solidaridad avasalladora, con sus constantes reivindicaciones ha extendido su acción a todos los oficios manuales, y en la Coruña, al menos, ya no queda nadie sin asociar”

“Pero además, bajo la denominación de Sociedad de Oficios varios se han concertado las fuerzas antes aisladas de los hombres sin ocupación especial, de los jornaleros que se buscan la vida en cualquier faena remunerada”




2 responses to “Folga da pesca, na Coruña, en 1906: solidariedade obreira contra os despedimentos (I)”

  1. […] veíamos na entrada anterior, Folga da pesca, na Coruña, en 1906: solidariedade obreira contra os despedimentos (I), a folga dos tripulantes dos vapores de pesca contra o despedimento do compañeiro Docampo deixou […]

    Gústame

  2. […] da pesca, na Coruña, en 1906: solidariedade obreira contra os despedimentos (I), (II) e […]

    Gústame

Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”