Na noite do 27 ao 28 de xullo de 1906, todo facía pensar que era posible un acordo entre patronos e traballadores dos vapores de pesca que evitara a folga declarada e maila súa extensión a máis actividades nos peiraos coruñeses, como veiamos na anterior entrada: Folga da pesca, na Coruña, en 1906: solidariedade obreira contra os despedimentos (II).
Os xornais locais en lugar destacado informaban de que os peiraos estaban en paro total: as mulleres traballadoras da venta de peixe sen actividade, grupos mariñeiros en folga vixiando que non se crebara a folga, e unha forte presencia policial e militar no porto e nos mesmos buques en folga.
No caso do xornal El Noroeste, do seu exemplar de 29 de xullo de 1906, recollemos a seguinte información:
“La guardia civil vigila constantemente para impedir coacciones y atropellos.
Por la bahía un bote del cañonero Marqués de Molíns tripulado por seis marineros y un cabo al mando de un condestable, todos ellos armados con fusil, ejercen en el mar igual misión que la benemérita en tierra.
Los vapores Sirena y Rosalind, como se han quedado sin tripulantes, tienen a bordo marineros de la armada, fusil al brazo, cumpliendo servicio de centinelas.
Las órdenes dadas a éstos son enérgicas y terminantes”.
Á unha e media da tarde, arriban a porto os únicos dous busques que partiran o día anterior, o General Gordon, onde nacera o conflicto, e mais o Robin, ambos có resultado das faenas de pesca: 3000 ollomois e 1000 pezas de pescada, o primeiro; e 400 pescadas o segundo. Ambos navegaban coa tripulación incompleta, composta por traballadores non asociados.
Protexidos polo buque da Armada, o cañoneiro Marqués de Molíns, e fondeando á súa popa, só puideron subir a bordo dos dous vapores, as armadoras e as limpadoras para preparar parte do peixe, coas caixas e o xeo que xa tiñan a bordo, para seren logo levadas nos propios botes auxiliares dos buques, pola negativa dos boteiros a dar servizo aos buques en folga, con protección militar (tanto mariñeiría militar do cañoneiro da Armada e dotacións da Comandancia de Mariña), para seren desembarcadas no peirao da Palloza e levadas directamente á estación de tren e enviadas a Madrid.
O resto do peixe que traía o General Gordon tivo que ser desembarcado no porto de Ferrol. Só se permitiu a descarga do peixe de dous pares de buques “pesca de parella” (Santo Domingo-Antonio e Providencia-Navarra) con matrícula en Vigo. Sen embargo, dado que non se traballaba nas fábricas de xeo, a pesca tivo que ser destinada á venda na praza.
Como consecuencia da folga, aumentou o prezo do peixe. Así, a pescada acadou un prezo de 62-63 pesetas e mesmo comezou a venda das cabezas das pezas. Según o xornal El Noroeste, os armadores confiaban nese aumento de prezo para aumentar tamén os seus beneficios, así como fiaban na miseria de gran parte das clases populares, cun grande número de desempregados, o que parecía garantir a disposición de tripulantes crebafolgas.
Según informaba o xornal coruñés El Noroeste no mesmo exemplar de 29 de xullo de 1906, o acordo que parecía estar pechado na noite anteriore consistía na readmisión do compañeiro despedido noutro dos vapores de pesca con base no porto coruñés e a sustitución dos crebafolgas por traballadores asociados para rematar coa folga. Da columna que El Noroeste publica na súa portada dese día, destacamos os seguintes parágrafos:
“(…) Era lógico presumir que se llegaría con rapidez a la avenencia.
Pero nuestros cálculos fallaron. No habíamos tomado en cuenta, para nuestro pronóstico, un factor que todavía pesa en las decisiones de algunos hombres de negocio: el amor propio; ni un aspecto del asunto que nos produce asombro: que aún hay industriales en la Coruña que no se han hecho cargo de lo que significa el régimen societario (…)”
“En nuestra opinión el capitalismo que quiere ejercer industrias con el concurso de la mano de obra comete un error, cuya expiación es inmediata, negando beligerancia al régimen societario.
En la misma equivocación, seguida también del adecuado correctivo, incurren las sociedades obreras que abusan de su poder con apariencias de tiranía odiosa”.
Os feitos do sucedido o día 28 de xullo de 1906 para continuar o conflito, según o relato do mesmo xornal son os seguintes:
O día 27, unha comisión de 10 traballadores, non 15 como se dixera inicialmente, fora a Ferrol a evitar a contratación de crebafolgas e a descarga de peixe dos vapores que sairan do porto coruñés. Cando chegan ao porto ferrolán, atopan que xa os armadores tiñan crebafolgas dispostos a se enrolar “por 25 duros mensuales y la comida” mais conseguiron convencelos e decidiron non embarcar. Tamén lograron que a tripulación doutro dos vapores, o Primero do armador Molina, que estaba a ser reparado en Ferrol, decidira unirse á folga e desembarcase.
A Comandancia de Marina, apoiando aos armadores, ordena a detención de 4 dos traballadores coruñeses da comisión, todos eles membros da xunta directiva da Sociedade de mariñeiros e fogoneros, sendo encerrados na escollera; e manda tamén que unha lancha vixie na bahía para, supostamente, “impedir que las coacciones continuasen“. O resto dos traballadores comisionados regresan á cidade herculina traendo as novas da detención dos compañeiros.
O xornal local de Ferrol, El Correo Gallego, no seu exemplar de 28 de xullo de 1906 tamén recolle a viaxe da comisión de traballadores coruñeses pola folga, informando das medidas adoptadas pola Autoridad de Marina ao respecto.

Sen embargo, dous días máis tarde, El Correo Gallego, no seu exemplar de 30 de xullo de 1906, desminte a información dos xornais coruñeses acerca da detención dos traballadores de pesca coruñeses na Escollera do Arsenal.

Ainda que ao día seguinte, co seu regreso á Coruña, desmíntese definitivamente a detención na Escollera, como recolle El Noroeste no exemplar do 31 de xullo de 1906, os ánimos dos folguistas xa foran alterados polos rumores da detención dos compañeiros.
Os traballadores en folga esixen a inmediata posta en liberdade dos detidos e envían unha nova comisión: “A esta comisión, si corriese la misma suerte que aquella, seguirá otra, y a ésta otra y otra, hasta que no quede ningún huelguista a quien prender“; e a Sociedade de marineros e fogoneros dirixe unha comunicación por escrito aos patronos coas seguintes esixencias:
1º.-Admisión del compañero Tomás Docampo, despedido del General Gordon.
2º.-La vuelta al trabajo de todos los marineros desenrolados.
3º.-El abono de los jornales perdidos, y
4º.-La expulsión de los barcos de todos los tripulantes admitidos y considerados como traidores”
Os armadores, representados por Francisco Dans, mesmo rexeitan a mediación proposta polo Gobernador civil, López Llasera, logo de citalos a unha xuntanza na mañá do 28 de xullo de 1906 e se reunen ás tres da tarde no domicilio do Sr. Olmos, un dos propietarios da fábrica de xeo. A esta xuntanza asisten, ademáis dos armadores, representantes patronais de outras empresas e sectores vencellados á pesca e afectados por tanto, como temos visto en entradas anteriores, pola folga convocada: “El Señor Olmos, el Sr. Villar (D.Lorenzo), el señor Wais y otros representantes de las fábricas de hielo y cajones de la Coruña”.
Logo de cinco horas de reunión, ás oito da noite do día 28 de xullo de 1906, os armadores acordan o seguinte:
“no admitir al marinero despedido Tomás Docampo porque ha cometido una falta grave, y no admitir tampoco a ninguno de los huelguistas porque han abandonado los barcos voluntariamente y sin razón para ello. Esto, y el nombramiento de D. Francisco Dans para el cargo de presidente, fue todo lo acordado”
A resposta dos traballadores veu resultar dunha xuntanza que comezou ás sete da tarde dese mesmo 28 de xullo. No decurso desta reunión, chegoulles a posición da patronal, nunha carta de D. Leonardo Rodriguez comunicando os acordos dos empresarios: “no acceder a la admisión del marinero despedido, y que una vez no han sido ellos los que provocaron la huelga, no pueden obligarse a admitir a los que se marcharon, si bien se reservan el derecho de admitirlos si lo tuviesen por conveniente”.
Así as cousas, tras debate na asambleia, acordouse:
“Nombrar comisiones para que vayan a Ferrol y para vigilar el cumplimiento de las determinaciones de la sociedad.
Declararse en sesión permanente mientras dure la huelga
Dar conocimiento de ella a las demás sociedades obreras solicitando su apoyo
Publicar una hoja explicando al pueblo las causas del conflicto.
Y hacer un paro general de pescadores.
Desde hoy, pues, no saldrá ninguna embarcación al mar, ni del bou, ni parejas, ni traineras“
Ao paro nos peiraos vencellado ao conflito nos vapores de pesca, ven de engadirse ese mesmo día (28 de xullo de 1906) unha folga de boteiros por mor dun incidente na bahía coa chegada do vapor Fuerst Bismarck.
O capitán do buque xa tivera conflictos cos boteiros ao impedirlles desenvolver o seu traballo cando estaba ao mando doutro buque, o Prinz Joaquim, que rematara con incidentes violentos.
Así, o 28 de xullo de 1906, fondea no porto con dúas mangas de rego instaladas a proa e popa para impedir o acceso agás aos responsables da consignataria, de Sanidade e carabineros. Para impedir o acceso abordo de máis persoas, o capitán ordenou retirar a escala e algúns traballadores e vendedores caeron á auga ou quedaron suxeitos aos cabos, tendo que ser rescatados polos boteiros. Mesmo o capitán de carabineiros Sr. Verdes amenazou con facer uso da súa arma contra os traballadores e traballadoras.
Inmediatamente, os boteiros declaráronse en folga e negáronse a prestar ningún servizo ao buque, quedando sen desembarcar a pasaxe e maila equipaxe con destino na cidade, que tivo que ser levado nunha gabarra do porto, auxiliado para chegar a porto por algúns tripulantes do cañoneiro fondeado na bahía, ao mando do Teniente de navío Sr. Villagómez, e por forzas da Comandancia de Mariña.

Logo da partida do barco, nunha xuntanza celebrada esa mesma noite, os boteiros decidiron non prestar máis servizos á compañía Hamburg America Line, propietaria do buque, que facía o percorrido entre Santander e Veracruz (México), facendo escala na Coruña.
Se no seu exemplar anterior o xornal El Noroeste publicaba a súa columna de opinión sobre este tema có titulo “Conflicto Conjurado“, a columna do día seguinte, 29 de xullo de 1906, levaba por título “Obreros y patronos, guerra declarada”.



A folga continuará e non sairán buques do porto para faenar os días 29 e 30 de xullo, como vemos na información de El Noroeste do 31 de xullo de 1906.
Os vapores Segundo saiu do porto remolcando ao Sirena (ambos sen tripulación por estar todos despedidos) para dirixirse a Ferrol. O mesmo fixo de madrugada o Oregón, só con capitán e maquinista, co fin de ser reparada a súa caldera tamén en Ferrol.
Pola contra, o Gladiator, navegando con tripulación crebafolgas, non puido desembarcar o peixe e limitouse a tomar auga e facerse de novo ao mar. Tamén entrou no porto o Jaboo, con matrícula de Vigo, pese a non lle permitir a descarga, sí se lle deixou tomar xeo e carbón, saíndo logo para a súa base. Permitiuse a una “pareja” tamén con matrícula de Vigo descargar, por primeira vez na Coruña, a súa carga de 200 pescadas. Unha lancha do xurel, con base no porto coruñés, non puido tampouco descargar e vendeu a mercancía a un iate francés fondeado na bahía.
Deste xeito, cumprindo os acordos da Sociedade obreira na xuntanza do 28 de xullo, ningún buque nin embarcación menor saíu á pesca polo que houbo na praza escasez de peixe, mesmo de vara, e aumentou o prezo do mesmo e doutros artigos de consumo, como os ovos.
O domingo 29 de xullo de 1906 a Sociedade pasa aviso a todas as embarcións das rías próximas para que “no traigan a vender la pesca a la Coruña” e ese mesmo domingo pola tarde regresa unha comisión de folguistas a Ferrol, duns 80 e 90 traballadores, tan numerosa que trataron mesmo de fletar un vapor, o Amboage, para o traslado. Ao día seguinte, luns 30 de xullo, regresan á Coruña xunto coa tripulación do vapor Dragón que se uniu á folga, desembarcando en Ferrol, onde os armadores mandaron o barco. Unhas vendedoras de peixe que foran tamén a Ferrol coa intención de burlar a folga non puideron desembarcar pola negativa dos boteiros en folga e tiveron que baixar a terra a bordo da lancha auxiliar da armadora do buque Ferrolano.
Dende o mesmo porto coa chegada da comisión desprazada a Ferrol comeza unha manifestación dos folguistas. Así o conta o xornal coruñés El Noroeste, no exemplar do 31 de xullo de 1906:
“Los huelguistas atravesaron en manifestación la calle Real y los Cantones hasta el local de la sociedad, en donde dieron cuenta de lo que han hecho en el vecino puerto y de la actitud favorable para ellos en que sus compañeros de aquella ciudad se hallan.
Como los huelguistas están en sesión permanente, ayer y anteayer se reunieron para cambiar impresiones acerca del estado de la huelga.
Parece que ya han conseguido el apoyo de algunas sociedades, entre ellas la de carpinteros“.
Tamén cumprimento dos acordos adoptados en días anteriores, a Sociedade de mariñeiros e fogoneiros publica unha folla asinada pola súa “Junta Directiva” informando á poboación das causas que orixinaron a folga.
Por outra banda, o gobernador civil interino trata de mediar no conflito citando a traballadores e armadores a unha xuntanza. Ambas partes acuden á reunión mais os armadores non manifestan as súas pretensións para acadar un final ao conflito e din que informarán ao gobernador das súas decisións logo dunha xuntanza que tiñan previsto celebrar o mesmo martes 31 de xullo polo serán.
No seu exemplar dese martes 31 de xullo de 1906 e ao fío do sinistro na mar preto da Coruña do vapor Cabo de Trafalgar con base en Santander, El Noroeste publica unha nova columna de opinión chamando ao fin do conflito, baixo o título da que entresacamos algúns parágrafos:
“Los fútiles empeños de amor propio, las obstinaciones del carácter y aún los propósitos mismos del interés industrial han de subordinarse a ideales más altos, más generosos, más grandes.
Es preciso que los espíritus se alcen sobre todos los empeños y enconos, para contrarrestar esas discordias de dos beligerantes de buena fe que creen por igual estar en posesión de la verdad y que por eso mismo son menos reductibles, pues a las pocas horas de planteada la contienda cada litigante se considera dueño exclusivo de la razón.
Se impone la concordia. Cuando se piensa en las penalidades que soporta la gente de mar, toda liberalidad parece justificada.
Los armadores de la Coruña no han de ser insensibles a esta página de dolor que el Océano ha arrojado sobre nuestras playas.
No, no es posible que continúen sin pan tantas familias necesitadas, sin empleo tantos brazos ociosos, sin cordialidad en sus relaciones tantos seres necesitados de fraternidad“.









Deixar un comentario