O endurecemento das posicións dos armadores sacando os vapores do bou a faenar con tripulación composta por crebafolgas, impedindo o subministro aos outros buques (parellas e traiñeiras) de xeo, caixas e carbón, así como as reparacións, o despedimento de traballadores que apoiaban aos folguistas nesas factorías e servizos aos buques… xunto ao endurecemento tamén da posición das autoridades, nomeadamente o novo gobernador civil Altamirano, con persecución policial, protección militar e de garda civil aos armadores e crebafolgas, detención de traballadores e limitación da actividade normal das Sociedades obreiras, parecía conducir nos últimos días de agosto de 1906 a que o conflito adquirira un maior encono malia a prudencia, quizais excesiva, dos folguistas e as sociedades obreiras.
O xornal El Noroeste de 22 de agosto de 1906 recolle na súa portada diferentes novas ao respecto.
En primeiro lugar, xuntanzas do gobernador civil con diferentes sectores, non só obreiros, afectados polo peche patronal e as limitacións impostas a outros buques, como os armadores de “vapores-parejas” e exportadores de pescado ante a negativa das fábricas de hielo para subministrarles ese producto, “pretextando tener comprometida toda la producción con los dueños de los vapores del bou, los cuales de esta manera monopolizan la industria de extracción y exportación de pescado. Añaden los 21 armadores de los vaporcitos, que son víctimas de sus colegas armadores de los 17 vapores del bou, porque estos señores se prevalen de sus grandes capitales para acaparar el hielo en perjuicio de los industriales y capitalistas modestos”.
De seguido, o Sr. Altamirano cita aos fabricantes de xeo “Sres. Olmos, Jaspe y Casado” ao seu despacho, pero estes afirman ter contrato cos armadores do bou e que se non mudan as circunstancias a produción só alcanza para subministrarlles a eses buques. Ante esta negativa, os armadores de vapores-parellas e traiñeiras, representado polo Sr. Prieto, valoran a constitución dunha nova factoría de xeo para rachar o monopolio dos fabricantes Mesa, Jaspe e Casado que continúan producindo en exclusiva o xeo do porto trala contratación de crebafolgas e traidores para substituír aos folguistas, como informa El Noroeste, o día 23 de agosto de 1906.
Mentres, as Sociedades obreiras tratan de continuar a súa actividade sindical malia as dificultades impostas polo novo gobernador: A sociedade de metalúrxicos que pretendía reunirse o mesmo día 22, non pode facelo por non ter “detallado (…) clara y terminantemente” os asuntos a tratar na xuntanza. Finalmente, logran reunirse o día 23 e acordan “que en ninguna herrería se hagan trabajos procedentes de las fábricas de fundición cuyos dueños despidieron a los obreros” (El Noroeste, 24 de agosto de 1906)
A Sociedade de carpinteiros “La Emancipación” sí logra celebrar xuntanza acordando continuar as faenas nas fábricas de Mesa e Jaspe, agás as relacionadas cos vapores do bou. Tamén se reuniu a Sociedade de Peones y Albañiles que acordaron informar aos compañeiros en folga que os traballadores que desenvolven obras nas fábricas de Mesa, é por conta dun contratista e non para ese empresario. Tamén celebran xuntanzas, o día 23 de agosto de 1906, os construtores de carruaxes que acordan non prestar servizos aos armadores de vapores do bou, e os “cajonistas e aserradores” que acordaron continuar a súa folga mentres dure a folga dos pescadores. A razón da aparente tibieza da Sociedade de carpinteiros pode ser a sinatura dun “contrato de trabajo” cos patróns, do que a prensa local sinala o seguinte: “Por dicho contrato se obligan los trabajadores a no declararse en huelga durante cinco años, obteniendo en cambio el aumento anual de 25 céntimos en el salario. Las dudas y cuestiones que surjan durante tal periodo de tiempo serán resueltas por el arbitraje de un tribunal mixto.” (El Noroeste, 25 de agosto de 1906).
Os vendedores de xornais decidiron en xuntanza do 27 de agosto “no servir periódicos a los fabricantes de hielo Sres. Jaspe, Mesa y Casado”.
O mesmo 22 de agosto reúnense tamén os pescadores para acordar o seguinte, como informa El Noroeste ao día seguinte, 23 de agosto de 1906:
Los pescadores
Se reunieron ayer noche (22 de agosto de 1906). La sesión fue larga y animada.
Se acordó manifestar a la sociedad de carpinteros el disgusto con que se ha visto su determinación a no prestarse a implantar el boycottage a los armadores del bou, y facultar a la junta directiva si conviene hacer el paro de todos los trabajadores marítimos.
Se presentaron varias proposiciones que serán discutidas en nueva reunión.
Entre ellas figuran, una para que las esposas, hermanas e hijas de los huelguistas no trabajen en la carga del carbón para los vapores del bou; otra para que se gestione que los esquirols se asocien, y otra para que ningún asociado renuncie a su derecho y continúe exigiéndose el reingreso de las tripulaciones en los mismos buques en que trabajaban antes de declararse en huelga.
Sen embargo, non pode celebrarse, por carecer de local axeitado, o mitin previsto na Graña (Ferrol) para evitar a execución de reparación aos vapores coruñeses nese porto.
Ao día seguinte (24 de agosto de 1906) celebra tamén xuntanza a Sociedade de mariñeiros, tomando os seguintes acordos:
Ayer (24 de agosto de 1906) a las seis de la tarde celebró sesión la sociedad de marineros y acordó que los huelguistas de los vapores del bou no salgan a pescar en las traineras.
Presentáronse las siguientes proposiciones que quedaron sobre la mesa para ser discutidas en nueva reunión:
Procurar que se asocien los individuos que pescan en las traineras y que aún no lo están.
Autorizar a los tripulantes de las tarrafas para que puedan pescar en las traineras.
Denunciar a la junta de reformas sociales el trabajo que realicen las niñas descargando y cargando carbón.
Y ejercitar el boycottage contra el fabricante Sr. Casado, proponiendo a los obreros que no consuman cerveza que dicho señor fabrica.
A descarga do peixe dos vapores do bou segue a ser realizada con forte presencia policial mentres os folguistas concéntranse no muro do peirao de Linares Rivas, tratando de conseguir que os crebafolgas abandonasen as súas tarefas. O día 23 de agosto de 1906, a policía trata de retirar aos manifestantes do muro e ante a súa negativa, un axente saca o sable a carga contra os traballadores, para logo botar man do revolver e requirir a axuda da Garda civil. Os manifestantes buscan refuxio no local da Sociedade, pero o tripulante de traiñeira e vicepresidente da Sociedade de mariñeiros, Francisco Someso, é detido, maniatado e conducido á inspección por unha parella de axentes de policía e outra de garda civil, sendo máis tarde trasladado ao cárcere, a disposición do Capitán xeral, acusado de “desacato a las fuerzas armadas”, pero este comunica ao gobernador civil que o presunto delito é o de “intento de coacciones” que corresponde á xurisdición civil, polo que foi posto a disposición do xuiz instrutor. Os intentos dunha comisión de mariñeiros para acompañar ao compañeiro preso, levarlle tabaco e cartos, son rexeitados polo presidente da Audiencia, Sr. Fernández de la Mora.
A Sociedade de mariñeiros, na xuntanza do 24 de agosto de 1906, da que falabamos anteriormente, decidiú o seguinte: “Se acordó también que una comisión de asociados visite hoy al gobernador civil para pedirle la libertad de Francisco Someso, y que si no se consigue esto se declare la huelga general de pescadores en señal de protesta“.
Por outra banda, os armadores esixen ao gobernador civil aínda máis dureza cos traballadores organizados, nunha xuntanza no despacho do Sr. Altamirano con asistencia dos patróns Somoza, del Valle, Folla y Guyatt, no que o primeiro comprométese a seguir mantendo a forte presencia policial nos peiraos. Tamén se reúne co xerente de Pesquería Gallega para cambiar os horarios de chegada dos seus buques.
O 27 de agosto de 1906, cando se cumpría un mes do inicio da folga, a situación nos peiraos non ten mudados e continúa a actividade sindical das Sociedades obreiras con xuntanzas dos obreiros metalúrxicos e a Sociedade de mariñeiros. Os metalúrxicos acordan desistir do paro xeral nas ferreirias pero sí deciden denunciar o traballo realizado por nenas nos peiraos na carga do carbón, e activar mecanismos de solidariedade dos seus asociados que traballan con aqueles que se atopan en folga. Ao día seguinte, unha comisión desta Sociedade reúnese co alcalde, Sánchez Anido, en calidade de presidente da Junta local de reformas sociales, para cumplir o acordo e denunciar “que en los muelles hay gran número de niñas dedicadas a penosas faenas y le rogaron que castigue estas extralimitaciones“. O alcalde, ademáis de prometer elevar a denuncia á Junta, ofreceuse para mediar na folga da pesca e a comisión de metalúrxicos así o transmitiu aos compañeiros pescadores.
A xuntanza dos mariñeiros nesa mesma data (27 de agosto de 1906) para tratar, entre outros temas, a convocatoria de paro xeral a todos os traballadores marítimos en protesta pola detención de Someso, remata co local da Sociedade rodeado por forzas da Garda civil. Tal era o clima de tensión que se vivía nos peiraos coruñeses, mentres o xuíz instrutor que decretaba a prisión do sindicalista cunha fianza de 2000 pesetas, chamando a declarar a partir do 29 de agosto de 1906 a numerosas testemuñas: mulleres que traballaban na carga do carbón, tripulantes crebafolgas e un dos propietarios dos vapores do bou, folguistas (Laencina, Paradela e Antonio Martínez), así como ao barbeiro Juan Leiro, que fora acusado de fabricar explosivos na súa casa, como vimos en entradas anteriores. Francisco Someso non sería posto en liberdade provisional sin fianza ata o día 5 de setembro, como informa El Noroeste do día seguinte, 6 de setembro de 1906.
O 28 de agosto de 1906, en protesta pola prisión do compañeiro Someso, os traballadores e traballadoras de todas actividades da pesca no porto coruñés estaban chamados ao paro xeral, pese á presión das autoridades civiles e militares:
Las traineras dejaron de ir a la mar. Unicamente dos salieron del puerto para desempeñar comisiones encomendadas por la referida sociedad. El gobernador civil, temiendo que los que las tripulaban llevasen la misión de ejercer coacciones, puso el hecho en conocimiento del comandante de marina, quien se dirigió a su vez al del cañonero Marqués de Molíns para que extremase la vigilancia.
(…)
Los obreros del puerto también suspendieron ayer el trabajo.
Falta solamente que los estibadores y gabarreros secunden la actitud de los pescadores para que la huelga en los muelles sea general.
Seguen sen embargo a faenar os vapores do bou con tripulación de crebafolgas. Os armadores seguen coa presión sobre os folguistas e mesmo algúns se permiten rechamantes inversións como a compra do vapor Mary pola empresa Tejero, Mariñas y compañía, que se convirte no maior vapor do porto coruñés. Invitados a celebrar unha reunión polos fabricantes de xeo, acordan comparecer á mesma cando se convocara formalmente.
Ao día seguinte, 29 de agosto de 1906, o paro foi practicamente xeral no porto coruñés: “Las traineras no fueron a la mar, las parejas tampoco y el elevador y la draga de las obras del puerto dejaron de funcionar por falta de operarios”, e producíronse algúns episodios de piquetes tanto para impedir a entrada de peixe como a actividade nas fábricas de xeo de Mesa e Marchesi na Gaiteira. A forte presencia policial incrementouse coa militar, cando o cañoneiro “Marqués de Mólins” foi substituído polo torpedeiro nº15 chamado Habana tamén con base en Ferrol que pasa a vixiar a bahía.
A resposta ao paro xeral convocado polas sociedades obreiras non se deixa esperar: algúns armadores de vapores-parella e traiñeiras despiden ás súas tripulacións para contratar crebafolgas e se producen novas detencións de obreiros como o traiñeiro Manuel Covelo Reymúndez.
A tensión foi en aumento e o día 30 de agosto de 1906 unha discusión entre folguistas e crebafolgas acabou cun tiroteo, como recolle o xornal El Noroeste do día seguinte, 31 de agosto de 1906:
“La huelga de pescadores dió motivo a que entre huelguistas y esquirols surgiese ayer noche una cuestión que terminó a tiros.
En el establecimiento de ultramarinos que Francisco Rodríguez Varela posee en la casa número 146 de la calle de San Andrés se hallaban a las once y media Manuel Mosquera Doldán, Ignacio Ibáñez Barbier y Franciso Álvarez López, contramaestre, fogonero y marinero, respectivamente, del vapor del bou Unión número 1.
Manuel Mosquera perteneció a la sociedad de pescadores y cuando se planteó la huelga actual no quiso abandonar su puesto, por lo cual los huelguistas lo declararon traidor.
Cuando los tres compañeros salían del establecimiento aludido, después de haber tomado unas copas, se les acercó un grupo de hombres del cual se destacaron Victorino Fernández y un tal Juanito conocido por el Marofas, presidente y secretario, respectivamente, de la sociedad de pescadores.
Estos dos últimos hablaron con los otros tres y parece que obtuvieron de ellos la promesa de que hoy a las diez de la mañana se desembarcarían e irían a asociarse para hacer causa común con los huelguistas.
Victorino y el Marofas se retiraron después de esto y entonces se adelantó Enrique Naya Vázquez, de 25 años de edad y de oficio metalúrgico, hoy en huelga, el cual se permitió pronunciar algunas frases acerca de la conducta de Mosquera, Ibáñez y Álvarez, llegando a amenazar al primero con cortarle la cabeza si no desembarcaba hoy.
Mosquera, molestado por la amenaza, replicó que estaba dispuesto a dejarse cortar la cabeza en el momento si se atrevía a hacerlo, y sin más discusión Naya le disparó tres tiros con un revolver.
Los acompañantes del agresor huyeron acto seguido y los serenos que acudieron inmediatamente de oir las detonaciones, detuvieron tan sólo al autor de los disparos.
Una de las balas hirió en el dorso de la mano derecha a Mosquera, el cual pasó a curarse a la Casa de Socorro.
Naya fue conducido a la prevención municipal en donde Mosquera lo reconoció como autor del hecho.
Además, él mismo confesó el delito, lamentando no haber matado a su enemigo.
El detenido está significado por sus ideas anarquistas.
Rogó a los serenos que no hiciesen constar en el parte la atenuante de embriaguez pues deseaba manifestar ante el juez que había obrado con pleno conocimiento de causa al disparar los tres tiros contra Mosquera.
Se negó a declarar quienes eran los hombres que le acompañaban“.
Temos sabido de Enrique Naya en anteriores entradas de Memoria Libertaria na Galiza, por exemplo, en relación á folga dos metalúrxicos e as mobilizacións contra o aforamento do peixe, que tiveron lugar en 1903.
A partir do final de agosto, o conflito entra nunha fase favorable para os patróns, co tempo xogando ao seu favor e coa autoridade civil e militar protexendo a súa actividade antisindical e impedindo ou dificultando as labouras das Sociedades obreiras.
O día 1 de setembro de 1906, o armador de dous dos vapores do bou afectados polo conflito, Juan Rivera, é vítima dun atentado, sendo tiroteado no Camiño da Estación, preto da fábrica de Jaspe, cando regresaba ao seu domicilio.
Os armadores ofreceron unha recompensa de 1500 pesetas para atopar ao responsable dos disparos.
O 7 de setembro de 1906, comezan unha serie de xuntanzas entre os armadores sobre unhas bases para un posible acordo, preparadas por un deles, Tejero en conversa coa Xunta directiva da Sociedade de pescadores, pero finalmente son rexeitadas.
As sociedades obreiras preparan un novo paro xeral no porto para os días 20 e 21 de setembro, pero que acaba por adiantarse ao 17 de setembro de 1906. O paro foi respostado polo gobernador civil con garda civil a cabalo e policía percorrendo os peiraos, con arengas aos tripulantes de gabarras para volveren ao traballo, e con ameazas contra a Sociedade de pescadores por levar a cabo unha folga non comunicada; e pola capitanía militar coa mobilización do cañoneiro Marqués de la Victoria para vixiar as faenas da pesca pero tamén para facer labouras de boteros coas súas lanchas auxiliares, como informa El Noroeste no seu exemplar de 18 de setembro.
Esta xornada de paro constituiu un fracaso que acabou coa volta ao traballo de boteiros, gabarreiros e estibadores, e coa suspensión da Sociedade de pescadores, según informa El Noroeste, no seu exemplar de 18 de setembro de 1906: “De los libros y los documentos de la misma se hizo cargo la policía. Hoy transmitirá el gobernador esta resolución al juez instructor con el fin de que incoe el correspondiente sumario y resuelva si existe motivo para la clausura definitiva de la sociedad“.
Coa Sociedade obreira suspendida, sen poder celebrar xuntanzas ou realizar actividade sindical cos traballadores; cos peiraos controlados pola Garda civil e a bahía pola Armada, a folga irá esmorecendo e mesmo desaparecendo das páxinas dos periódicos que por espacio de dous meses dedicaron moitas das súas páxinas ao esforzo dos traballadores do mar por defenderse das arbitrariedades dos armadores e patróns, recibindo o auxilio dos seus compañeiros de clase: traballadores metalúrxicos, caixoneiros, de fábricas de xeo, … practicando o apoio mutuo e a solidariedade malia non ter sempre éxito na loita, pois só a loita que non se emprende é a que está perdida e xa de antemán.










Deixar un comentario