Inauguración en Ferrol do memorial aos represaliados polo franquismo entre 1936 e 1975

O vindeiro 24 de febreiro de 2024, sábado, terá lugar o acto de inauguración do memorial en lembranza dos compañeiros e compañeiras asasinados polo franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal entre a sublevación fascista de 1936 e a morte do ditador en 1975.

O monumento, impulsado pola Comisión Pro-Memorial ás Vítimas do Franquismo en Ferrol, é unha escultura obra de Manuel Patinha que estará ubicada no parque Antón Varela do barrio ferrolán de Canido. A obra representa unha flor que agroma da terra, cun panel onde se recollerán os nomes das máis de 900 vítimas.

O acto de inauguración deste memorial polas víctimas do franquismo terá lugar o sábado 24 de febreiro no parque Antón Varela, ás 12.00 horas, está concibido como un acto de xustiza, dignidade e reparación para os centos de vítimas e mailas súas familias.



Unha resposta a “Inauguración en Ferrol do memorial aos represaliados polo franquismo entre 1936 e 1975”

  1. […] pasado sábado, 24 de febreiro de 2024, tivo lugar no parque Antón Varela, no barrio de Canido, a inauguración do memorial ás vítimas da represión franquista nas comarcas de Ferrolterra, Eume e ….A escultura de grandes dimensións é obra do artista portugués residente na Galiza, Manuel […]

    Gústame

Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”