Valdeorras, terra de motíns no paso do século XIX ao XX (I).

Os homes e mulleres das terras que hoxe conforman a comarca de Valdeorras protagonizaron diversas mobilizacións de resistencia e protesta ao longo dos anos a cabalo entre os séculos XIX e XX.

Nalgúns casos, tratábase de motíns de tinte máis político mais noutras podemos atopar unha clara perspectiva social e de clase. Mais, en todo caso, reflicten unha ollada ben distinta a da mensaxe moitas veces repetida dos galegos e galegas como un pobo resignado e que, en troques de protestar, emigra. De feito, a propia emigración, ben masiva naquelas terras nesa mesma altura e ao longo dos tempos, non impide a protesta dos que quedan.

Comezamos o relato dalgúns destes motíns cunha revolta federalista nos tempos da I República Española:

No verán de 1873, no marco da loita contra as partidas carlistas que se acubillaban nas montañas orientais de Ourense, un grupo de voluntarios que os combatían, nomeados como “Os Galaicos”, protagonizan unha rebelión ao berros de “Morra o goberno” ou “Viva a república social e federal”. Iniciada en terras de Trives, esta rebelión esténdese a Valdeorras, malia non conseguiren entrar en O Barco. Logo de cortar a comunicación postal con Madrid na ponte do Bibei e de realizar saqueos de casas de terratenentes e caciques da zona, vense obrigados a fuxir por Viana do Bolo e A Gudiña ata Xinzo de Limia, cruzando logo a fronteira con Portugal, e moitos deles acabarán en Brasil, daquela colonia portuguesa.


La Independencia Española : diario liberal de la tarde – Ano V – Nº 1337 – 8 de agosto de 1873


El Gobierno. : Diario político de la mañana – Ano II – Nº 216 – 9 de agosto de 1873


La República federal libertad y progreso indefinido – Ano 1 – Nº 137 – 10 de agosto de 1873


La Correspondencia de España : diario universal de noticias – Ano XXIV – Nº 5735 – 13 de agosto de 1873


Referencias:

“Viva a república social e federal! A rebelión dos Galaicos de 1873”, artigo de Cilia Torna, en Nós Diario, 16 de agosto de 2019

Prensa histórica:

  • La Independencia Española : diario liberal de la tarde – Año V Número 1337 – 8 de agosto de 1873 (08/08/1873)
  • El Gobierno. : Diario político de la mañana – Año II Número 216 – 9 de agosto de 1873 (09/08/1873)
  • La República federal libertad y progreso indefinido – Año 1 – Número 137 – 10 de agosto de 1873 (10/08/1873)
  • La Correspondencia de España : diario universal de noticias – Año XXIV – Número 5735 – 13 de agosto de 1873 (13/08/1873)

En Biblioteca Virtual de Prensa Histórica – Ministerio de Cultura e Deporte




Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”