Inauguración en Ferrol do monumento en lembranza das vítimas da represión franquista (1936-1975)

O pasado sábado, 24 de febreiro de 2024, tivo lugar no parque Antón Varela, no barrio de Canido, a inauguración do memorial ás vítimas da represión franquista nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.
A escultura de grandes dimensións é obra do artista portugués residente na Galiza, Manuel Patinha. A obra conta tamén cunha inscrición na que se recollen os nomes das máis de 900 vítimas da represión franquista entre 1936 e 1975.

A relación de nomes procede da investigación levada a cabo por Xosé Manuel Suárez e Bernardo Maiz e que se pode consultar na web do Concello de Ferrol, premendo na seguinte ligazón: Relación Vítimas do Franquismo. Ambos historiadores interviron tamén no decurso do acto, xunto ao escultor.

A pesar do mal tempo, centos de persoas, entre eles varios compañeiros e compañeiras da CGT de Ferrol asistiron ao acto de inauguración do memorial, un acto de reivindicación da memoria contra a represión da ditadura, e que contou coa intervención de familiares dalgunhas das 904 vítimas, xunto con algún alcalde que mesmo foi asubiado nalgún momento por parte dos asistentes.
Logo de ter sido descuberta a placa cos nomes das vítimas, interviron algúns representantes das familias das vítimas.




Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”