Folga Xeral Revolucionaria de decembro de 1933 na Galiza: as provincias de Pontevedra e Ourense.

Nas provincias do sur da Galiza a incidencia da folga foi menor que a provincia coruñesa. Así, no xornal vigués El Pueblo Gallego, atopamos a seguinte referencia aos sucesos na cidade de Vigo:


Ademáis da clausura de locais anarcosindicalistas, o propio presidente da Federación Local de Vigo é detido, como recolle o xornal de Santiago, El Compostelano:

El Compostelano (Santiago) – 21-12-1933

Salientable, como vemos, o intento de sublevar un buque militar, o “Cabo Fradera”, fondeado no río Miño en Tui que é recollido na prensa nos días previos á insurrección. Logo da súa detención, os acusados destes feitos foron trasladados a prisións militares da Armada en Ferrol.


Así o recolle a publicación esquerdista de Tui, Tribuna – Semanario Popular, nos seus exemplares de 10 e 17 de decembro de 1933:

Tribuna (Tui) – 17-12-1933
La Zarpa (Ourense) – 10-12-1933

No xornal La Voz de la Verdad, de Lugo, no seu exemplar de 14 de decembro de 1933, atopamos referencia a detencións, rexistros e mesmo a unha expulsión do país na provincia de Pontevedra:


No xornal coruñés, de corte conservador, El Ideal Gallego, atopamos xa pasadas as xornadas revolucionarias, este repaso polas provincias de Pontevedra e Ourense:



Na cidade de Pontevedra é clausurado o Centro Obrero da capital, o que provoca mesmo a protesta da UGT local, que non participaba no movemento:


No xornal ourensán, Galicia (diario de la mañana) de data, 12 de decembro de 1933, recollemos a seguinte nova:

Don José adrio Barreiro, gobernador civil de la provincia de Ourense.
Como ampliación al Bando de fecha 9 del actual
Hago saber:
1º Se prohibe la formación, circulación de grupos y los estacionamientos de personas en calles, caminos, carreteras y en la vía pública general.
2º Se prohibe asimismo la circulación por las vías férreas, considerándose como sospechosas cuantas personas, ajenas al servicio se acerquen o transiten por dichas vías, puentes, dependencias e instalaciones, desde las cinco de la tarde hasta las ocho de la mañana.
3º Con independencia de las penas que señala el Código Penal, se aplicarán fulminantemente las sanciones que la Ley de Orden Público previene para el estado de alarma, a cuantas personas le sean encontradas armas y sustancias explosivas.
El Gobierno espera que todos los españoles continúen prestando al Poder público las asistencias necesarias para restablecer el orden, siendo entre ellas, las más elementales, las de abstenerse de incurrir voluntariamente en las prohibiciones de este Bando y acatar y cumplir celosamente cuantas disposiciones emanen de la autoridad y de la fuerza armada.
Orense 10 de diciembre de 1933


Ademáis das novas de axencia sobre outras partes do estado, o bando decretando o estado de alarma e as entrevistas laudatorias co Gobernador civil, tamén hai pouco protagonismo para novas locais no xornal agrarista de Ourense La Zarpa, entre o 10 e o 16 de decembro de 1933, mais podemos salientar as seguintes informacións deste xornal:


No exemplar de La Zarpa do 12 de decembro de 1933, publícase unha nova entrevista co Gobernador civil baixo o título “Manifestaciones del gobernador civil de la provincia“:

Nese mesmo exemplar, contradecindo en certo modo o afirmado polo Gobernador civil de “absoluta tranquilidad”, recóllese nas páxinas do xornal agrarista a nova de detencións, rexistros e actuacións xudiciais contra militantes obreiros polo “Tribunal de urgencia”:


Ao día seguinte, 14 de decembro de 1933, La Zarpa publica unha nova entrevista laudatoria co gobernador civil onde destaca que as principais preocupacións das autoridades gubernamentais na provincia de Ourense residían na proximidade dos feitos revolucionarios do Bierzo, protagonizados en grande medida polos mineiros da conca do río Sil, pola posible extensión a Valdeorras, cara onde foron enviadas forzas da Guardia civil polo gobernador civil.

Ao día seguinte, o xornal relata novas detencións tanto na vila de Verín como na capital da provincia:




Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”