Cargas policiais e detencións nos actos do 1º de maio na Coruña en 1977

A finais de abril de 1977, ano e medio despois da morte do Ditador, algunhas centrais sindicais xa tiñan sido legalizadas, así como algúns partidos políticos no marco da chamada Transición democrática, coa vista posta no proceso electoral previsto para o mes seguinte, as eleccións de deputados e senadores das Cortes constuíntes de 15 de xuño de 1977.

A CNT non presentaría os seus estatutos ata o 7 de maio de 1977, polo que non era unha organización legal naquel momento pero que xa tiña unha importante presencia entre os traballadores e traballadoras coruñesas (por exemplo, nas accións de solidariedade cos traballadores despedidos de KELSA, empresa aceiteira).

Malia as promesas do Goberno de Adolfo Suárez de permitir a celebración de actos sindicais con motivo do 1º de maio dese ano, o 29 de abril de 1977 todos os Gobernadores Civiles reciben instrucións de prohibir os actos previstos polas organizacións obreiras.

Así o recolle o xornal “La Voz de Galicia” no seu exemplar de 30 de abril de 1977, seguindo a información de Europa Press:

No mesmo xornal, recollíase a opinión ao respecto de Juan Gómez Casas, que ocupaba daquela, entre agosto de 1976 e abril de 1978, a Secretaría Xeral da Confederación Nacional do Traballo (C.N.T.):


Pese á prohibición e unha grande presencia policial nas rúas da cidade para evitar a súa celebración, centos de militantes das diferentes organización sindicais realizan intentos de levar a cabo algúns os actos anunciados para aquel 1º de maio, e así o recolle o xornal coruñés La Voz de Galicia do 3 de maio de 1977:


Outro xornal coruñés da época, Hoja Oficial del Lunes, editado pola Asociación da Prensa da cidade, no seu exemplar do 2 de maio de 1977, publica o seguinte:


No seu homólogo en Barcelona, Hoja del Lunes de la provincia de Barcelona, no exemplar da mesma data, 2 de mayo de 1977, tamén se recolle a nova do acontecido na Coruña o día anterior:

No xornal vigués El Pueblo Gallego, no seu exemplar de 3 de maio de 1977, tamén se recolle a nova das detencións polos actos do 1º de maio de 1977 na cidade coruñesa:


Tamén na prensa propia das organizacións políticas e sindicais atopamos recollidos algúns dos actos daquel 1º de maio de 1977. Por exemplo, na publicación En lucha da O.R.T.


Ao día seguinte, celébrase unha rolda de prensa conxunta das organizacións sindicais CNT, UGT e CSUT que o xornal coruñés La Voz de Galicia recolle do seguinte xeito no mesmo exemplar de 3 de maio de 1977:


Aos poucos días, a Federación Local coruñesa da CNT remite nota de prensa para precisar algúns aspectos recollidos na prensa, e o xornal La Voz de Galicia reproduce algúns dos seus contidos no seu exemplar de 5 de maio de 1977:




Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”