[Tras os sucesos de Maio de 1901] Volta á normalidade? (II)

A mediados do mes de agosto de 1901, a cidade continuaba en estado de guerra que será levantado coincidindo coa chegada do novo Gobernador Civil, como xa temos visto na entrada anterior: Volta a normalidade? (I)

Así recolle o xornal La Voz de Galicia as novas do levantamento do estado de sitio:

No momento do levantamento do estado de sitio na cidade, temendo que poidera producirse algúnha reacción por parte dos obreiros, volven a reconcentrarse na cidade forzas da Garda civil doutros postos e liñas das localidades próximas.

Inmediatamente despois de levantado o estado de guerra na cidade e mailo seu partido xudicial, o xornal coruñés La Voz de Galicia, no seu exemplar de 20 de agosto de 1901, publica xa algunhas novas que desminten o regreso á normalidade, como a situación de desemprego dos consumeiros folguistas e os esforzos dun movemento obreiro que, malia a represión sufrida, aínda ten forzas na cidade para apoiar a estes compañeiros, cunha comisión reclamando a súa readmisión ante as autoridades:

De novo, a presencia militar e policial increméntase na Coruña, o que indica ben ás claras o temor de protestas obreiras:

No mes de setembro de 1901, case un mes despois de levantado o estado de guerra e cando xa se agardaba a inminente posta en liberdade dalgúns dos presos, entre eles os presidentes das Sociedades obreiras coruñesas, aínda atopamos nas páxinas do xornal unha nova que volve a desmentir a suposta volta á normalidade:




Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”