[Tras os sucesos de Maio de 1901] Consellos de Guerra e xuizos contra militantes obreiros (I)

Inmediatamente despois da brutal represión nas rúas contra os obreiros e obreiras que participaban no paro xeral convocado polas sociedades obreiras coruñesas o 31 de maio de 1901, comezou a represión policial e xudicial contra un movemento obreiro que fora quen de paralizar a actividade da cidade dun día para outro. Centos de militantes obreiros foron detidos e conducidos a prisións militares como o castelo de San Antón ou as dependencias do Cuartel Alfonso XII nas Atochas.

O xornal La Voz de Galicia, no seu exemplar do 11 de xuño de 1901, recollía a seguinte información:

Ao longo dos seguintes días, as detencións, tomas de declaración e o proceso xudicial, civil e militar, contra as Sociedades obreiras e mailos seus militantes van a continúar:

Como temos visto en entradas anteriores, algúns obreiros feridos nos sucesos eran conducidos directamente a prisión logo de ser curados nos hospitais: “Todavía continúa en el Hospital a disposición del juez instructor, Sr. Arahuetes, el herido dado de alta, Manuel Carnota. Parece que hoy será trasladado desde dicho establecimiento benéfico al cuartel de Zamora” (La Voz de Galicia, 12 de xuño de 1901).

Os procesos xudiciais que conducirán aos militantes obreiros ante os Consellos de Guerra continúan o seu curso ao longo do mes de xuño. Así, o xornal La Voz de Galicia, no seu número de 22 de xuño de 1901, informa do seguinte:

Tanto os procedementos para os Consellos de Guerra ante a xurisdicción militar, como os conducidos pola xurisdicción civil seguen o seu curso, incluído o caso contra todos os presidentes das Sociedades obreiras que tiñan sido suspendidas por mor dos sucesos:

Mentres, aínda se producían novas detencións relacionadas cos sucesos de maio:

E tamén continuaban as investigacións acerca do acontecido, sempre na liña previamente marcada de culpabilizar e criminalizar aos obreiros organizados:

Aínda o 26 de xuño de 1901, a prensa informa de novas detencións de miltantes obreiros:





One response to “[Tras os sucesos de Maio de 1901] Consellos de Guerra e xuizos contra militantes obreiros (I)”

  1. […] temos visto na entrada [Tras os sucesos de Maio de 1901] Consellos de Guerra e xuizos contra militantes obreiros (I), ao longo do mes de xuño de 1901 desenvólvense os procedementos xudiciais contra os militantes […]

    Gústame

Deixar un comentario

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”