[Tras os sucesos de Maio de 1901] Consellos de Guerra e xuizos contra militantes obreiros (II)

Como temos visto na entrada [Tras os sucesos de Maio de 1901] Consellos de Guerra e xuizos contra militantes obreiros (I), ao longo do mes de xuño de 1901 desenvólvense os procedementos xudiciais contra os militantes obreiros polos sucesos derivados da represión da Folga Xeral de maio de 1901, tanto os levados polos xuices militares para acabar en Consello de Guerra, como os levados pola xustiza civil contra os cargos das Sociedades obreiras e os folguistas da empresa de consumos.

O 26 de xuño de 1901, La Voz de Galicia xa informaba da celebración ao día seguinte do primeiro dos Consellos de Guerra:

Paralelamente, continúan as detencións e tomas de declaracións dos militantes obreiros más sinalados e que ocupaban cargos nas xuntas directivas das Sociedades obreiras coruñesas:

A represión policial e xudicial vai extendéndose non só ás Sociedades obreiras e aos seus militantes, senón tamén a outras organizacións comoo a Antorcha Galaica do Libre Pensamento:

De todos os xeitos, a maior parte da atención da prensa centrábase no comezo dos Consellos de guerra que ían a se suceder contra militantes obreiros:

O Consello de Guerra contra Venancio González comeza o día 27 de xuño de 1901, e a prensa fai unha extensa crónica do mesmo:

Ao mesmo tempo que comezaban os consellos de guerra no eido da xustiza militar, continuaban as detencións e as tomas de declaracións vencelladas ao casos que conducía a xustiza civil, como recolle o xornal La Voz de Galicia, no seu exemplar do 28 de xuño de 1901:

Tal e como parecía decidido, e así anunciara a prensa, o compañeiro Venancio González resultou condenado a 20 anos de reclusión:




One response to “[Tras os sucesos de Maio de 1901] Consellos de Guerra e xuizos contra militantes obreiros (II)”

  1. […] na condena de Venancio González a 20 anos de prisión, como temos visto na entrada anterior: [Tras os sucesos de Maio de 1901] Consellos de Guerra e xuizos contra militantes obreiros (II), a maquinaria xudicial, tanto civil como militar, continúa a represión contra os obreiros […]

    Gústame

Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”