[Tras os sucesos de Maio de 1901] Solidariedade cos presos e vítimas (I)

Dende o comezo da brutal represión contra os militantes obreiros trala folga xeral de 1901 na Coruña, unha marea de solidariedade na cidade, ocupada polo exército e sometida a estado de guerra, trata de apoialos na súa situación.

Así, atopamos mostras desta solidariedade no xornal coruñés La Voz de Galicia, no seu exemplar de 16 de xullo de 1901:

No mesmo exemplar de La Voz de Galicia, atopamos a solidariedade das traballadoras da Fábrica de Tabaco cos compañeiros privados de liberdade nos cuarteis e cadeas, que continuará ao longo dos días, semanas e meses:

Unha marea de solidariedade que non se limita á clase obreira coruñesa, senon que se extende polo resto do estado español e mesmo de Europa coa celebración de concentracións de protesta polo sucedido. Unha marea que pronto se foi estendendo polo mundo enteiro, como xa temos visto neste espazo web: A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”

Así, a mediados de xullo, coas Sociedades obreiras aínda disoltas, atopamos esta nova do agradecemento dos obreiros coruñeses organizados aos seus irmáns doutras vilas e cidades:

Tras levar preto de dous meses encadeados, a saúde dalgúns dos compañeiros presos comeza a resentirse, como recollen as novas de prensa:

Logo de varios meses de cautiverio, as condicións nas que se atopaban os presos recluídos no cuartel de Atocha, como temos visto no parágrafo anterior, non eran nin salubres nin axeitadas para as persoas. Deste xeito se facía eco desta situación La Voz de Galicia no seu exemplar de 1 de agosto de 1901:

Dous días, despois o mesmo xornal publica a seguinte nota ao respecto da situación dos presos recluídos no cuartel:

Desde ayer se permitió a los detenidos en el cuartel de Zamora salir al patio durante dos horas, con objeto de que puedan distraerse.
Se debe esta medida a disposiciones del capitán general.

Mais a solidariedade da clase obreira coruñesa, como a do resto do estado e do mundo enteiro, segue a dar os seus froitos como reflicten os xornais no reparto das colectas recollidas para os presos:

A pesar da presistencia do estado de guerra, novas da campaña de solidariedade cos traballadores e traballadoras coruñesas que se está a desenvolver no estado español, aparecen tamén nos xornais coruñeses malia a censura militar:

As colectas e aportacións dos traballadores de traballadoras a beneficio dos presos e outras vítimas dos sucesos de maio non se deteñen:

A campaña que se ven desenvolvendo de mitins de protesta é tan ampla que vai collendo tamén o seu propio espazo nos xornais da cidade, tanto a través de información telegráfica desde Madrid como de novas propias de cidades galegas, como podemos ver nos seguintes contidos publicados polo xornal La Voz de Galicia, o día 12 e 13 de agosto de 1901:

Na propia cidade coruñesa, traballadores e traballadoras de todos os sectores realizan colectas pro-presos. Así, La Voz de Galicia de 15 de agosto de 1901, recolle detalladamente a solidariedade de traballadores da hostalería da cidade:

No mesmo xornal e nos seguintes exemplares, tamén se recollen nova de máis aportacións económicas solidarias con presos e vítimas dos sucesos de Maio, e o seu reparto:




Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”