O vindeiro venres 14 de xuño de 2024, ás 20 horas, terá lugar, na Fundación Cuña-Casasbellas (Rúa de Xerardo Álvarez Limeses, 12 de Pontevedra), a presentación do libro “Inimigo ás portas. Frank López e o anarquismo global”, unha obra de Bieito Alonso, historiador, autor tamén da obra “Anarquistas galegos en América”. En “Inimigo ás portas”, o autor recupera a figura do anarquista galego Frank López, nado en 1885 nunha parroquia de Miño (A Coruña) e que desenvolveu unha activa militancia libertaria en Norteamérica: “Frank López, el anarquista gallego defensor de Sacco y Vanzetti perseguido por el Gobierno de Estados Unidos“, en El Diario.es
No encontro – coloquio co autor do libro, que será presentado por Miguel Cuña, pola Fundación Cuña-Casasbellas; tamén participarán Marcos Calveiro e Xosé M. Soutullo, ambos da Editorial Galaxia.









Deixar un comentario