[Tras os sucesos de Maio de 1901] (Re)organización obreira

Como temos visto en entradas anteriores, todos os mecanismos do estado foron postos ao servizo de acadar o obxectivo de desorganizar e desmobilizar ao movemento obreiro coruñés logo de conseguir nunha soa noite paralizar a cidade cunha folga xeral o 31 de maio de 1901.

Cando en agosto é levantado o estado de guerra na cidade e logo coa posta en liberdade en setembro de 1901 dos presidentes das Sociedades obreiras, comeza cun novo pulo a actividade organizativa dos traballadores e traballadoras coruñesas que malia represión non deixou de latexar ao longo dos meses:

Probablemente pola difícil situación de represión e a longa estancia en prisión, a celebración do mitin é aprazada.

Mais tamén deberon ter certo peso as trabas postas polos socialistas ao respecto do apoio e solidariedade tralos sucesos de maio de 1901, que xa temos visto nas entradas deste espazo web dedicadas ao tratamento dos sucesos de maio de 1901, tanto en El Socialista como no Suplemento a La Revista Blanca:

Con todo, a reorganización das Sociedades obreiras suspendidas e cos seus locais sindicais clausurados, continúa:

Ao día seguinte, coincidindo co traslado de madrugada dos condenados Cebrián, Santos, Moyano e Escontrelas aos presidios, o xornal recolle a seguinte frase:

Ao traslado dos condenados, o movemento obreiro coruñés resposta en sinal de protesta cun novo paro xeral, a pouco máis de 5 meses dos sucesos de maio:

A resposta xudicial aos intentos de recomposición do movemento obreiro organizado coruñés atoparémola ben cedo:

Pero a reorganización continúa pese a todos atrancos represivos, e a mellor mostra dísto son os preparativos para a celebración dun gran mitin, o primeiro na cidade tras os sucesos de maio, para mediados de outubro de 1901:

A propia celebración do mitin xa é un éxito da organización obreira logo de todo o acontecido nos meses anteriores e será obxecto de dúas entradas neste mesmo espazo.


Imaxe: Detalle do cadro Una huelga de obreros en Vizcaya de Vicente Cutanda y Toraya. 1892. Óleo sobre lenzo, 275 x 550 cm. Museo Nacional del Prado



Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”