A Folga Xeral de 1901 na Coruña foi aplastaba por unha brutal represión que logo dos días 30 e 31 de maio, continou aínda por moito tempo. Logo das mortes nas rúas, chegaron as detencións de sindicalistas e o peche das sociedades obreiras, cunha cidade en estado de guerra gobernada polo Capitan Xeral Lachambre como máxima autoridade.
No mes de agosto de 1901, o Tribunal Supremo confirmaba as sentencias dos xuices militares contra os destacados militantes obreiros Juan Cebrián, Manuel Suárez e Juan Santos. As súas condeas a prisión ían dos 12 anos de Juan Cebrián aos seis para cada un dos outros compañeiros. Ás once da noite do día 7 de agosto, un piquete de soldados de Infantería conducía aos militantes á cadea, según recolle a información do corresponsal do xornal ferrolán El Correo Gallego, no seu exemplar do 8 de agosto de 1901.
Juan Cebrián sería trasladado pouco despois ao penal de Burgos a cumplir condea, como recolle o xornal pontevedrés La Correspondencia Gallega, xa no seu exemplar de 4 de setembro 1901, aínda que non se produciría o traslado ata o mes de outubro.
Nese mesmo mes de agosto é nomeado Gobernador Civil, Fernando Soldevilla, en sustitución do anterior gobernador Antonio Díaz-Valdez de triste lembranza para case todos na cidade.
A solidariedade da clase traballadora trataba de paliar a dificil situación dos compañeiros presos, dos feridos e das familias dos falecidos nos sucesos de maio. Así, por exemplo, o xornal lucense El Regional recolle no seu exemplar de 25 de agosto de 1901 a entrega do resultado da contribución de obreiros de Lugo ás vitimas, impulsada polos obreiros José Carreira e Antonio Vázquez entre a clase obreira lucense: seis pesetas e 81 céntimos para os presos no cuartel, entregadas por Andrés Carreira.

A solidariedade económica continuará ao longo do tempo que os compañeiros están presos. Como exemplo, unha nova no xornal lucense La Idea Moderna, en data de 12 de outubro de 1901:

Según recolle ese mesmo xornal lucense no seu exemplar de 26 de outubro de 1901, entre xuño e outubro repartíronse entre as vítimas dos sucesos de maio a cantidade de 7.791,63 pesetas, que serían o equivalente hoxe, en termos de renda, a preto de 350.000 euros.

No mes de setembro, as causas penais que se seguían desde maio contra os presidentes de todas as sociedades obreiras da cidade pasan á xurisdicción ordinaria polo que os compañeiros, presos desde os sucesos, deberían ser postos en liberdade, e así o recolle o xornal lucense La Idea Moderna, no exemplar de 12 de setembro de 1901. Postos en liberdade os compañeiros, nesa data aínda restaban aínda presos en cárceres militares 16 folguistas da empresa de consumos, como informa La Correspondencia Gallega, no seu número de 17 de setembro de 1901.
Sen embargo as autoridades militares prohiben un acto de despedida e apoio, anunciada para o 3 de outubro de 1901, coincidindo co traslado dos presos que irían a cumplir condea fora da cidade, como recolle o xornal La Idea Moderna, no seu exemplar de 5 de outubro de 1901:

Mais, nin o estado de guerra nin os militantes sinalados encadeados mesmo fora da cidade, nin as ducias de obreiros presos en cuarteis e cárceres militares, son suficientes de impedir a organización da clase obreira e a súa mobilización e, deste xeito, convócase, por parte dun grupo de militantes das sociedades obreiras clausuradas, un mitin na praza de touros da cidade e unha manifestación ata o Cemiterio de Santo Amaro, para seren celebrados o día 13 de outubro de 1901, apenas cinco meses despois dos sucesos.
O xornal coruñés La Voz de Galicia recolle os preparativos destes actos nos seus exemplares dos días 12 e 13 de outubro de 1901:
EL “MEETING” DE MAÑANA
La autorización.- Itinerario de la manifestación.- Quienes hablarán.- Una corona a las víctimas de Mayo.- “Meeting” regional en proyecto.
El gobernador civil concedió ayer permiso para que pueda circular la hoja convocando al meeting obrero que mañana domingo se celebrará en la plaza de toros.
También autorizó a los organizadores de aquel acto para que a la terminación del mismo, según ayer hemos anunciado, vaya en manifestación a entregarle la exposición que proyectan dirigir al Gobierno pidiendo la excarcelación de los presos y el sobreseimiento de sus causas; el indulto de los sentenciados y que se restituyan sanos y salvos a sus hogares; el sobreseimiento de las causas de las Sociedades obreras suspendidas y el de las que se siguen a los que están en libertad provisional.
Les concedió igualmente permiso parea seguir desde el Gobierno civil al Ayuntamiento y de allí al Cementerio.
La manifestación pasará por las calles del Camino Nuevo, Ferrol, Compostela, Cantón Pequeño, Marina, Fama, Cuesta de San Agustín, Torre y al Cementerio, donde se disolverá.
Sobre la tumba de las víctimas de los sucesos de Mayo depositarán una corona de flores naturales con las siguientes dedicatorias estampadas en cintas de seda:
“A las víctimas de los sucesos del 30 y 31 de Mayo.- Los obreros de La Coruña”.
En el meeting hablarán varios obreros que ya lo han hecho en iguales ocasiones.
Fueron invitados para asistir a aquel acto el médico, D. José Rodríguez Martínez y el abogado D. Arturo Casares, defensor de los procesados ante la jurisdicción ordinaria con motivo de los indicados sucesos.
En la citada reunión de mañana se propondrá, y es casi seguro que así se acordará, la celebración de otro meeting de carácter regional con el mismo objeto que el de mañana, el día 3 de Noviembre próximo.
A este meeting, caso de celebrarse, serían invitadas para que designasen representantes que asistieran al mismo, las Sociedades obreras de Galicia.


EL “MEETING” DE HOY
Hoy, a las dos y media de la tarde, según hemos anunciado, tendrá lugar en la plaza de toros el meeting obrero de que dimos cuenta.
Ayer circuló por esta capital una hoja convocando a aquel acto al pueblo.
Autorizan la convocatoria varios individuos que pertenecían a las suspendidas sociedades de Carpinteros, Tipógrafos, Hierros y metales, Peones y albañiles, Panaderos, Oficios varios, Hojalateros, Zapateros, Canteros, Sastres, Pintores, Mozos de faena, Aguadores, Cocheros y Fideeros, y se adhirieron la Antorcha Galaica del Libre pensamiento, Sociedad Cooperativa de Obreros, Sociedad de Plateros y relojeros (en organización), idem de Camareros y cocineros (idem), y de Fogoneros marítimos y terrestres (idem).
Además de la corona que será depositada sobre las tumbas de los que murieron en los sucesos de Mayo, se hará lo propio con otra de flores naturales que ha sido confeccionada por los presos en el cuartel de Alfonso XII.










Deixar un comentario