[Folga de 1901 na Coruña-Protagonistas] Fotografía dos presidentes das Sociedades Obreiras coruñesas

Como recollimos en entradas anteriores neste mesmo espazo web, logo da violenta represión nas rúas da folga de 1901, todos os presidentes das Sociedades Obreiras coruñesas foron detidos e permanecían encarcerados mesmo logo de levantado o estado de guerra na cidade.

Non serían finalmente liberados ata a resolución do Tribunal Supremo sobre a cuestión de competencia plantexada, que retira o caso da xurisdicción militar e pasa a ser entendida pola xurisdicción civil, polo que foi ordenada a súa posta en liberdade provisoria e sairán da cadea a partir da noite do 12 ao 13 de setembro de 1901.

Logo de meses en prisión, o 13 de setembro de 1901, os liberados reúnense no estudo do fotógrafo Antonio M. Quiroga, a Sociedad Electro-Fotográfica, na Rúa Real nº86, para tomar unha fotografía de grupo.

Antonio Quiroga ,a finais do século XIX, funda en Xixón a Sociedade Electro Fotográfica, que abre sucursais a xeito de franquicia con estudos fotográficos en numerosas localidades, especialmente do norte da península ibérica: Santander, Bilbao, Ovieu, Xixón, Málaga, Ferrol, Madrid, Lugo, A Coruña, Lléida, Manresa, León, Ourense… e parece que estaba vencellado á masonería, a través de diferentes loxias.


Según recolle o xornal coruñés La Voz de Galicia, no seu exemplar de 14 de setembro de 1901:

La Voz de Galicia, 14 de setembro de 1901

Na fotografía aparecen os seguintes militantes obreiros, coa posición dentro do grupo marcada na seguinte imaxe:

  • Felipe Salvador, da Sociedade de pintores (nº1)
  • Francisco Anzó (ou Auzó), da Sociedade de lateiros – hojalateros (nº2)
  • José María Espinosa, da Sociedade de zapateiros (nº3)
  • Alejandro Delgado, da Sociedade de fideeiros (nº4)
  • Pedro Prego, da Sociedade de mozos de faena (nº5)
  • José Gago, da Sociedade de canteiros (nº6)
  • Antonio Veira, da Sociedade de ferros e metais (nº7)
  • Cayetano Castriz, da Sociedade de tipógrafos (nº8)
  • Manuel Fraga, da Sociedade de panadeiros (nº9)
  • Lorenzo Ruano, da Sociedade de peóns e albaneis (nº10)
  • Ricardo Deibe, da Sociedade de carpinteiros (nº11)
  • José Sanjurjo, da Sociedade de xastres (nº12)
  • Vicente Fernández, da Sociedade de oficios varios (nº13)
  • José Mosquera, da Sociedade de cocheiros (nº14)
  • Enrique Taboada, da Sociedade de augadores (nº15)

A fotografía apareceu recollida no Almanaque da Revista Blanca do ano 1902, que conserva na súa biblioteca o Centre de documentació històric social do Ateneu Enciclopedic Popular a quen testemuñamos o noso agradecemento xunto ao historiador Eliseo Fernández que nos facilitou a imaxe.




Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”