O eco dos sucesos ocorridos durante a violenta represión das mobilizacións obreiras nas rúas da Coruña a finais de maio de 1901 ben cedo chegou a moitos lugares do estado español e do mundo enteiro, como quedou reflectido na prensa da época.
Como exemplo, a viñeta publicada polo veterano semanario satírico barcelonés, de carácter republicano e anticlerical, La Campana de Gracia, que foi publicado ao longo de moitos anos, entre 1870 e 1934.
No seu exemplar de 8 de xuño 1901 (Any XXXII – Batallada 1673) na súa contraportada (páxina 4), aparece a seguinte imaxe:

Baixo o título “Un quadro pintat ab sanch y fum de pólvora“(Un cadro pintado con sangue e fume de pólvora), Segismundo Moret, ministro da Gobernación no momento dos feitos de 1901, amosa unha pintura ao presidente do Goberno daquel momento, Práxedes Mateo Sagasta. No cadro aparece unha escena da brutal represión nas rúas coruñesas por parte do exército e a Garda civil.
O diálogo que acompaña á escena é o seguinte:
- Miri, D. Práxedes, quin quadro més hermós ens acaban de pintar els nostres artistas de la Corunya (Mire, D.Práxedes, que cadro máis fermoso acaban de nos pintar os nosos artistas da Coruña)
- ¡Estupendo! Fássi’l penjar al menjador, que la vista de la sanch hasta sembla que’m fá venir mes gana. (Estupendo! Faino colgar no comedor, que a vista da sangue semella que me fai ter máis apetito)










Deixar un comentario