Hai 49 anos… falecemento de Cipriano Mera

Cipriano Mera Sanz naceu no barrio madrileño de Tetuán o 4 de novembro de 1897. Foi un albanel e militante anarcosindicalista, afiliado ao Sindicato da Construción de Madrid da CNT.

Membro do Comité Revolucionario de Zaragoza na folga insurreccional de decembro de 1933, foi arrestado e cumpriu condena en Burgos. Volve á cadea logo da folga da construción a principios do verán de 1936, pero é liberado trala sublevación fascista de xullo do mesmo ano e incorpórase ás milicias da CNT, formando a columna que libera a cidade de Cuenca. Participará na defensa de Madrid a partir do mes de novembro de 1936 e nas batallas de Guadalaxara (marzo de 1937) e Teruel.

Tralo triunfo do fascismo en 1939, consegue fuxir ao exilio, en Orán (Arxelia), onde é internado nun campo de concentración antes de pasar ao Marrocos francés, onde regresa ao seu traballo na construción. Durante a ocupación nazi é entregado ás autoridades franquistas polo goberno colaboracionista francés de Vichy en febreiro de 1942. Indultado en 1946, regresa ao exilio en Francia, onde volve a traballar como albanel ata o seu falecemento en Saint Cloud, hai hoxe 49 anos, o 24 de outubro de 1975.

Como calquera persoa, como cada un ou unha de nós, con luces e sombras, con contradicións e controversias, non cabe dúbida de que foi un loitador por un mundo sen explotados nin explotadores.

Canción breve del miliciano muerto
Tenía un alma tosca, de niño sin escuela,
un alma luminosa, de cielo puesto al sol,
tenía una palabra sincera, humana y fuerte
y, entre anhelos sin nombre, tenía un corazón.
Una quieta mañana de agosto, el miliciano
soñó la Libertad, la Paz… y se murió

Amparo Poch y Gascón



Guerra, exilio y carcel de un anarcosindicalista – Cipriano Mera, na Biblioteca do Ateneo Virtual de Solidaridad Obrera.



Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”