A Folga Xeral de Outubro de 1934 en Ourense

Malia as novas que con posterioridade publicaron os xornais da capital ourensana, nos que salientaban unha suposta “total tranquilidad” (cando eses mesmos xornais non deron saído do prelo con normalidade ata días despois e nalgúns casos chegando a tirar de crebafolgas para facelo), o movemento insurreccional da folga xeral de 1934 en Ourense tivo grande importancia.

Convocada pola Alianza Obrera conformada polas dúas grandes centrais sindicais (CNT e UXT), adquiriu caracter revolucionario e insurreccional en moitas zonas do estado español, sinaladamente en Asturias e Catalunya.


No xornal coruñés El Ideal Gallego, no seu número de 13 de outubro de 1934 (unha vez rematada a folga) atopamos referencia respecto da publicación dos xornais da cidade de Ourense:


Con dita referencia, tiramos deses mesmos xornais da capital da provincia para ver o eco na prensa das xornadas de folga revolucionaria ao longo da semana entre o 5 e o 12 de outubro de 1934.

O día 9 de outubro de 1934, mediante a actuación de crebafolgas, o xornal Galicia de clara orientación conservadora e de liña editorial moi próxima á liña política de Calvo Sotelo, consegue saír do prelo antes de finalizar a folga, como recoñece en portada:

En lugar destacado na portada dese exemplar de 9 de outubro de 1934 do xornal Galicia aparecen as loubanzas ao Gobernador Civil e as críticas aos militantes e dirixentes obreiros:

Nas páxinas interiores dese exemplar atopamos os seguintes contidos ao respecto da folga xeral:

No mesmo xornal “Galicia”, no seu exemplar de 11 de outubro de 1934 (non se publicou no día anterior) relátase un tiroreo no barrio da Ponte, na contorna dun depósito de combustible que, como moitos outros puntos “estratéxicos” da cidade, fora tomado polo exército e a Garda civil:

Nestes mesmos números (9 e 11 de outubro de 1934) do xornal Galicia coñecemos tamén a extensión polas vilas e cidades da provincia do movemento folguístico naquelas datas. Se no exemplar do día 9 atopábamos actividade folguística e insurreccional en Taboadela, Seixalbo, A Mezquita (onde morre un Carabinero), no exemplar do día 11 aparecen novas de Carballiño, Tosende, San Estebo de Ribas de Sil, Ribela, Amoeiro, Rabaza, Coles… Por exemplo, en Allariz onde un numeroso piquete tratou de parar o traballo de construción da liña de ferrocarril, e que rematou con preto de vinte detidos.

Por suposto, dada a súa liña editorial (non moi diferente da de outros xornais dos que falamos nesta entrada), nos citados números do xornal Galicia de 9 e 11 de outubro de 1934 faise ampla difusión da reacción dereitista ao movemento folguístico do proletariado, nomeadamente da Acción Popular Agraria, adherida á CEDA (Confederación Española de Derechas Autónomas):

Ante a magnitude da folga insurreccional en Asturias, o Goberno de Lerroux, ao que poucos días antes tiñan entrado tres ministros da CEDA, decidiu enviar tropas acuarteladas en Ourense en dirección a Ponferrada para evitar que polas zonas mineras do Bierzo se repetira a situación que se estaba a vivir en Asturias.

Cortes nas estradas, actos de sabotaxe nas liñas férreas e de comunicación, expulsión e suspensión de Alcaldes, concelleiros e funcionarios públicos que apoiaron a folga, … sucedéronse en moitos lugares de Ourense malia a constante mensaxe de “total tranquilidad”:

O exemplar do xornal Galicia do 12 de outubro de 1934 recolle varias novas da folga que estaba xa a rematar:

No exemplar de 13 de outubro de 1934, o total aliñamento coas posicións gubernamentais do xornal Galicia xa non deixa lugar a dúbida e publica na súa portada as seguintes novas relacionadas co movemento insurreccional:

EN LA RÚA
Intentaron proclamar el comunismo libertario
Se tienen noticias de que en la localidad de La Rúa un grupo de individuos había intentado proclamar el comunismo libertario.
La grotesca intentona parece ser que no pasó de una escaramuza de desaprensivos.
Recogemos a título de rumor la noticia de que entre los “proletarios” que trataron de implantar el imperio de los rojos, figuraba una persona que ocupa un cargo de cierto relieve, con el que no cuadran tales actitudes.
Por el momento nos resistimos a creerlo.


Pola súa banda, o xornal La Rexión que non conseguiu sair do prelo ata o día 10 de outubro, por mor da folga, publica os seguintes contidos en relación ao movemento insurreccional tanto na cidade como no resto da provincia:

Ao día seguinte, 12 de octubre de 1934, o xornal La Región, publica o seguinte:

No mesmo exemplar de 12 de outubro de 1934, o xornal La Región reproduce a nota do Gobernador Civil sobre as falsas denuncias que estaban a recibir:

De seguido, novas sobre a extensión do movemento da folga pola provincia aparecen nas páxinas do xornal ourensano La Región do 12 de outubro de 1934:

No que atinxe ás detencións, o xornal La Región, no seu número de 13 de octubre de 1934, publica a seguinte:

Nesa mesmo número de La Región (13 de outubro de 1934) se publica o seguinte contido que xa temos visto recollido tamén polo xornal Galicia:


Por último, o xornal La Zarpa de caracter agrarista e fundado por Basilio Álvarez, tampouco difire moito na súa liña editorial dos dous xornais anteriores, como temos ocasión de ver no seu exemplar do día 12 de outubro de 1934:

No exemplar do día seguinte, 13 de outubro de 1934, do xornal La Zarpa, atopamos as seguintes informacións relativas á folga:


Como temos visto, mentres nas portadas e páxinas interiores se falaba de normalidade con grandes tipos e, ás veces, semella que ao ditado do suxerido no despacho do Goberno Civil, mesmo na letra miuda da propia prensa aparecen claras referencias á importancia destes feitos e do paro xeralizado que se viviu en moitos sectores, non só da capital senón tamén en vilas e pobos de toda a provincia. Declaración de estado de guerra con suspensión de garantías constitucionais, a Garda civil e o exército mobilizados, patrullando as rúas e ocupando lugares estratéxicos, requisa pola goberno de vehículos particulares para traslado de tropas, afectación grave dos servizos públicos, incluído o transporte ferroviario e as comunicacións telegráficas, asi como de subministros como a electricidade, tiroteos e asaltos a depósitos de combustible, cortes de estradas, detencións de militantes obreiros e clausura de locais, destitución de cargos electos, sancións a funcionarios… todos eles son feitos que contrastan vivamente coa suposta normalidade que aparece nos titulares e declaracións oficiais.


Algúns dos detidos nas xornadas de folga xeral (outubro de 1934):

  1. Álvarez Groba, Alfredo
  2. Augusto Ferreira, Samuel
  3. Cabanelas Nieto, Antonio
  4. Carballo Rodríguez, Servando
  5. Caride Rodríguez, Pegerto
  6. Fernández Bóveda, Ángel
  7. Fernández Carnicero, Antonio
  8. Fernández Rodríguez, José
  9. Formigo Vázquez, Miguel
  10. Fuentes Pérez, Ceferino
  11. Gamallo Freijido, Luís
  12. García, Antonio
  13. Godoy Lago, José
  14. Gómez del Valle, Manuel
  15. Gómez Pérez, Castor
  16. González, Cándido
  17. Iglesias Deza, Enrique
  18. Iglesias Pérez, Jesús
  19. López González, Luís
  20. López González, Manuel
  21. Martínez Gómez, Celso
  22. Mosquera Vázquez, Juan
  23. Nanín Ansias, Enrique
  24. Nieto Forneiro, José
  25. Novelle Mosquera, Antonio
  26. Novoa Gutiérrez, Severino
  27. Novoa Novoa, Manuel
  28. Palacios Montes, Indalecio
  29. Pedrouzo García, Cesáreo
  30. Pérez Dopazo, José
  31. Reigosa Subiela, Alfonso
  32. Rodríguez Amado, Luís
  33. Rodríguez Araujo, Juan
  34. Rodríguez Bateca, Sergio
  35. Rodríguez Failde, José
  36. Rodríguez García, Antonio
  37. Rodríguez Gómez, Manuel
  38. Rodríguez López, Eutamio
  39. Rodríguez Martínez, Balbino
  40. Rodríguez Ollero, Evaristo
  41. Romero Villarchao, José
  42. Salgado Rodríguez, José
  43. Sánchez Fernández, José
  44. Sánchez Sotelo, Rafael
  45. Seijas Tunes, Francisco
  46. Silva Cores, Manuel da
  47. Soria Díaz, Baldomero
  48. Taboada Novoa, Antonio
  49. Valcárcel González , José
  50. Varela Rey, Celestino
  51. Vázquez Estévez, Francisco
  52. Vázquez, Luís
  53. Villamarín Iglesias, Rizal

Prensa Histórica:

  • El Ideal Gallego. Ano XVIII – Nº 4382. 13 de outubro de 1934
  • Galicia. Ano V – Nº 1276.9 de outubro de 1934
  • Galicia. Ano V – Nº 1277. 11 de outubro de 1934
  • Galicia. Ano V – nº 1278. 12 de outubro de 1934
  • Galicia. Ano V – Nº 1279. 13 de outubro de 1934
  • La Región. Ano XXV – Nº 6712. 10 de outubro de 1934
  • La Región. Ano XXV – nº 6713. 12 de outubro de 1934
  • La Región. Ano XXV – Nº 6714. 13 de outubro
  • La Zarpa. Ano XV – Nº 4227. 12 de outubro de 1934
  • La Zarpa. Ano XV – Nº 4228. 13 de outubro de 1934

Todos eles na Hemeroteca de Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia


Imaxe 1: Orense. Vista parcial = Vue partielle = Partial view [POS 1329]
Zaragoza : Ediciones Arribas, [1906-1958?], en Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia




Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”