A voltas co amor libre na Coruña de 1902

Polémica entre Revista Gallega e La Emancipación, en novembro e decembro de 1902

A finais de 1902, as páxinas de dúas publicacións coruñesas, a revista semanal Revista Gallega: Semanario de literatura e intereses regionales, de carácter rexionalista, e do semanario obreiro La Emancipación, viven unha polémica ao fío do amor libre.

A estrañeza acerca da idea da unión libre de dúas persoas á marxe do establecido polo dereito canónico e o dereito civil non era algo novo nas páxinas da prensa galega, tanto na máis conservadora como na que presumía de liberal, como teremos ocasión de ver.

Xa coa visita da libertaria Teresa Claramunt a Cádiz, o xornal El Eco de Santiago, no seu número de 6 de outubro de 1902, salienta da súa intervención no mitin celebrado na localidade gaditana as súas palabras ao respecto do amor libre:

No que atinxe á controversia na prensa coruñesa de 1902, comeza a secuencia coa celebración nos salóns do recentemente creado Centro de Estudos Sociais “Germinal” da unión libre entre dous traballadores da cidade, o día 23 de novembro de 1902.

Non sabemos se era a primeira destes actos que tiñan lugar na cidade. Algúns medios da prensa da época falan de alomenos dúas unións anteriores, unha delas a que tería a Ricardo Cotelo, coñecido militante anarcosindicalista, como protagonista:

La Opinión (Tarragona), 21 de novembro de 1902

Sen embargo, como veremos máis adiante, o xornal coruñés La Voz de Galicia, dí que é o primeiro acto deste estilo na cidade.

No xornal coruñés El Noroeste, no seu exemplar de 25 de novembro de 1902, unha nova breve recolle a unión libre dos compañeiros co seguinte texto:

Pola súa banda, outro xornal coruñés La Voz de Galicia, anunciaba no seu exemplar de 25 de outubro de 1902 unha ampla crónica para o día seguinte por mor da falta de espazo:

Tal e como tiña anunciado, La Voz de Galicia publica na portada do seu exemplar do 26 de outubro de 1902, unha crónica do acto celebrado en “Germinal” do domingo anterior, día 23 de novembro:


Como se deriva da controversia resultante, un dos asistentes ao acto foi Xosé María do Carme Galo Salinas Rodríguez, xornalista e escritor (ver ao final da entrada unha breve reseña biográfica) quen publica o domingo seguinte do acto (30 de novembro de 1902) un moi extenso artigo ao respecto na revista da súa propiedade e da que exercía como director, a Revista Gallega: Semanario de literatura e intereses regionales.

Do extenso artigo, salientamos un parágrafo que semella reflectir claramente o seu pensamento e o seu modelo de sociedade, así como acerca do papel que han de ter as persoas fronte ao estado (cumplir a lei que o vixila, non alterar o “comercio de las gentes”, pagar impostos, enviar aos fillos ao exército… ata finalmente ser soterrado dun xeito “higiénico”):

O texto completo do artigo “El amor libre” de Galo Salinas, asinado coas súas iniciais G.S.R., pode ser lido na Revista Gallega, 30 de novembro de 1902 en Galiciana – Biblioteca dixital de Galicia.


Unha semana despois, no seu exemplar de 6 de decembro de 1902, o semanario obrero La Emancipación publicaba unha columna máis breve daba resposta ao artigo de Salinas.

La Emancipación comenzou a súa andaina o 1º de maio de 1900, como publicación mensual da Sociedade de Carpinteiros “La Emancipación” dirixida por Juan Antelo. A consecuencia dos sucesos represivos da folga de 1901 foi suspendida a súa publicación e Antelo marchou ao exilio. No mes de setembro de 1902, xa como “Órgano oficial de las Sociedades de Resistencia” da Coruña e con periodicidade semanal, volve a sair do prelo nunha segunda época con domicilio na rúa do Orzán 68 baixo da Coruña, e co xastre José Sanjurjo no seu equipo de redacción en representación da sociedade de xastres.

A resposta publicada en La Emancipación consistiu nunha columna titulada A La Revista Gallega, un texto asinado polas iniciais J.S. (que poderían corresponder ao propio José Sanjurjo, o primeiro presidente de Germinal):



No número seguinte de La Revista Gallega, 14 de decembro de 1902, nun artigo sen sinatura, recollese o reto de debater plantexado nas páxinas do semanario obreiro, baixo o mesmo título “El Amor Libre”, có seguinte contido:


Non coñecemos a resposta que apareceu nas páxinas do seguinte número de La Emancipación, pero podemos deducir do que lle responde La Revista Gallega en datas posteriores, que propón para a realización do debate o local do Centro de Estudos Sociais “Germinal” ou, se non fose aceptado, facer a controversia a través das páxinas dos periódicos respectivos.

A proposta é rexeitada no exemplar de 28 de decembro de 1902 de La Revista Gallega de novo cun artigo sen sinatura, que da por rematada a controversia co seguinte párrafo:



A texto completo deste último artigo no exemplar de 28 de decembro de 1902 de La Revista Gallega, pode leerse en Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia.


O semanario obreiro La Emancipación vería suspendida a súa publicación aos poucos meses desta controversia, en abril de 1903.







Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”