A nova dos sucesos represivos da folga dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña ben cedo chegaron á prensa de Portugal.
Sen ánimo de exhaustividade, salientamos algúns exemplos:

O mesmo 1 de xuño de 1901, o xornal lisboeta Diario Illustrado, publicaba as primeiras novas do sucedido na Coruña, a través de notas de axencia recibidas na capital portuguesa:

Ao día seguinte, 2 de xuño de 1901, o Diario Illustrado amplía a información do acontecido na cidade herculina:

O día 7 de xuño de 1901, o mesmo Diario Illustrado de Lisboa recolle o plantexado polo xornal madrileño El Imparcial (como veíamos na entrada correspondente deste mesmo espazo web) ao respecto do uso de armas de guerra (o fusil Maüser) contra a poboación civil:



Pola súa banda, outro xornal de Lisboa, O Tempo, publicaba o día 2 de xuño de 1901, o seguinte breve coas novas recibidas da Coruña:


Outro xornal publicado na capital lisboeta nesas datas, A Naçao, recollía as novas da represión na Coruña o día 2 de xuño de 1901, do seguinte xeito:

Este mesmo xornal, A Naçao, de Lisboa, ampliaba a información no seu exemplar do 4 de xuño de 1901, recollendo o tratado na reunión do Consello de Ministros en Madrid:


Entre a prensa de Porto, o xornal A Voz Pública recolle a nova nunha brevísima nota o día 2 de xuño de 1901:

No que atinxe á prensa republicana e á prensa obreira, salientamos o tratamento das novas da represión na Coruña recollidas por dúas publicacións, respectivamente A Vanguarda e A Obra, ambas de Lisboa.

A Vanguarda recolle o mesmo 2 de xuño de 1901 nunha breve nota os sucesos na Coruña:

A Vanguarda amplía a información sobre o acontecido na Coruña no seu exemplar do 4 de xuño de 1901:


Nos días seguintes, segue a recoller novas vencelladas coa represión do movemento obreiro coruñes. O día 5 de xuño de 1901 faise eco A Vanguarda da supresión das sociedades obreiras coruñesas:

Por último, no exemplar de 6 de xuño de 1901 de A Vanguarda, do regreso ao traballo dos obreiros e obreiras coruñesas agás no caso dalgún sector en conflito, como no caso dos canteiros:


Pola súa banda, o semanario A Obra, de Lisboa e de tendencia libertaria, acolle por primeira vez novas do acontecido na Coruña nas páxinas no exemplar de 23 de xuño de 1901:


Ao longo dos números seguintes do verán de 1901, seguirá A Obra dando cobertura ás informacións derivadas dos sucesos da Coruña no mes de maio.
Así, no exemplar do 7 de xullo de 1901, publica o seguinte:

No exemplar de 18 de agosto de 1901, A Obra publica unha nova correspondencia recibida en relación aos feitos da Coruña e á campaña internacional de solidariedade iniciada:



No mesmo exemplar de A Obra de 18 de agosto de 1901 pecha a cobertura cunha reflexión sobre a inviolabilidade da Garda civil:

Pódense consultar os exemplares dos xornais citados na Hemeroteca Dixital da Cámara Municipal de Lisboa e no apartado Periodicos da Biblioteca Digital da BNP (Biblioteca Nacional de Portugal):
- A Naçao
- A Obra
- A Vangarda
- A Voz Pública
- Diario Illustrado
- O Tempo









Deixar un comentario