[Tralos sucesos de Maio de 1901] En lembranza dun mitin en Londres en solidariedade coas vítimas: “Volveremos”, un poema de Louise Michel

En xuño de 1901 celebrábase en Londres, no Athenaeum Hall de Tottenham Court Road, un mitin de solidariedade en favor das vítimas das loitas obreiras nos estados español e italiano, e nomeadamente das vítimas dos sucesos da Coruña.

No acto tomaron parte, entre outros, Errico Malatesta e Louise Michel, que daquela vivían en Londres, igual que moitos dos cataláns deportados tralos procesos de Montjuich, tal e como recolle a prensa da época.

Por exemplo, o xornal de Palma de Mallorca, La Última Hora, no seu exemplar de 11 de xuño de 1901:

Cando realiza a súa intervención neste mitin, Louis Michel ten xa 71 anos e meses despois, ao pouco de iniciar unha xira de conferencias por Francia, cae enferma. Decide pese a todo reemprender as conferencias e as viaxes, para finalmente morrer nun hotel de Marsella o 9 de xaneiro de 1905.

Anos antes, o 8 de setembro de 1871, unha Louise Michel enferma e encerrada no cárcere de Versalles, cando se atopa á espera de ser levada ante o tribunal, escribe este poema titulado “Nous reviendrons”, adicado aos seus irmáns: a todos os seus amigos que foran asasinados por xuíces, soldados e xendarmes despois da Comuna de Paris.

De seguido, o poema na súa versión en castelán, que foi musicado por un compañeiro da CGT da Coruña:




Unha resposta a “[Tralos sucesos de Maio de 1901] En lembranza dun mitin en Londres en solidariedade coas vítimas: “Volveremos”, un poema de Louise Michel”

  1. […] páxinas de La Protesta Humana dun mitin anarquista celebrado en Londres, do que xa temos falado noutra entrada deste espazo web, no que participaron importantes figuras do anarquismo como Errico Malatesta ou […]

    Gústame

Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”